San Francisco sen petróleo

San FranciscoA área da Bahía de San Francisco é unha das máis dinámicas dos EUA cara a sustentabilidade. Ademais de teren xa o mellor transporte colectivo do país facilitan a xeración doméstica de enerxía e teñen empresas municipais de suministración eléctrica en San Francisco (xerará o 51% da electricidade consumida na cidade para 2017, só a partir de fontes renovables) e de contado noutras cidades da área. A proposta Building a Resilient and Equitable Bay Area xordida da sociedade civil xa ten acadado un amplo respaldo social e gobernamental, e promove unha economía descentralizada e en boa medida, autosuficiente.

Fonte:

  • Bermejo, Roberto (2008). Un futuro sin petróleo. Colapsos y transformaciones económicas. Los libros de la catarata.