Willits sen petróleo

Willits, CaliforniaA cidade de Willits, no condado de Mendocino, en California (5.000 habitantes) comezou no 2004 a analizar a súa vulnerabilidade aos efectos do Teito do Petróleo, e ten elaborado un plan para a súa transición enerxética. Despois de reunións acerca do tema no que se proxectou o documental The End of Suburbia creouse o proxecto WELL (Willits Economic Localization) do que xordiron grupos ad hoc para tomar medidas nos problemas de fornecer aos habitantes de Willits con fontes de alimento, auga, residencia, saúde e servizos médicos sustentables así como de enerxía. O concelleiro Ron Orenstein, xunto con WELL e o grupo ad hoc encargado do tema enerxético, patrocinou un informe para o concello titulado Recomendacións cara a independencia enerxética da cidade de Willits e o seu contorno. O informe describe como a zona podería, cun calendario axeitado, ocuparse proactivamente do problema do esgotamento do petróleo e do gas, conseguindo a independencia enerxética e convertíndose nunha comunidade forte, organizada e autosuficiente.

Fonte:

  • Heinberg, Richard (2006). The Oil Depletion Protocol: A plan to avert wars, terrorism and economic collapse News Society Publishers.