A estratexia da City of Portland Peak Oil Task Force, aprobada en marzo de 2007, tense convertido nun referente para outras sociedades pola súa calidade e pola importancia da cidade que a adopta. A primeira das súas 10 recomendacións é a redución do consumo de combustibles fósiles nun 50% para 2025, o cal supón unha redución per cápita de 2/3, tendo en conta o medre de poboación que se prevé. O resto constitúen na súa maior parte instrumentos para acadaren o obxectivo xeral:
- educar a cidadanía acerca do teito do petróleo e afortalar a comunidade e as solucións baseadas na comunidade;
- conseguir a participación do Goberno, das empresas e líderes da comunidade para comezar a planificación e a mudanza de políticas;
- apoiar unha ordeación do territorio que reduza as necesidades de transporte;
- promover os desprazamentos a pé e fornecer cun acceso doado aos servizos e aos modos de transporte;
- deseñar infraestruturas para promocionar as opcións de transporte, facilitando un eficiente movemento de mercadorías e evitar os investimentos que non son solucións para un futuro de petróleo caro;
- darlle pulo aos modos de transporte efeicientes e movidos por enerxías renovables;
- definir programas de expansión de edificios eficientes;
- preservar a terra cultivable e expandir a produción e o procesamento local de alimentos;
- identificar las oportunidade de crear empresas sostible e promovelas;
- preparar plans de emerxencia enerxética para casos de carestías rápidas e graves;
- redeseñar unha rede de seguridade para protexear a poboación vulnerable e marxinada.
Fonte:
- Bermejo, Roberto (2008). Un futuro sin petróleo. Colapsos y transformaciones económicas. Los libros de la catarata.