Nota editorial: As opinións expresadas neste blog polos diversos membros da asociación así como polas persoas que comentan os artigos son responsabilidade unicamente dos seus autores e a asociación Véspera de Nada non ten por qué compartilas necesariamente.

É o momento a partir do cal cada ano se producirá menos petróleo. É un
inevitable fenómeno xeolóxico para o que o non estamos preparados, o primeiro choque do imposible crecemento económico perpetuo contra os límites naturais do Planeta, que levará en poucos anos ao
colapso da civilización industrial ou ben a unha
Gran Transformación socioeconómica e cultural de volta a un consumo enerxético sustentable. A nosa asociación quere contribuír a que Galiza escolla o segundo destes camiños.
Máis información sobre o Peak Oil
Ola amigos:
Gustaríame contactar con grupos de Galiza que estean preparando comunidades para a vida post-fósil. Eu son galego que leva 22 anos en Mallorca, e estuo pensando voltar para alá a vivir os meus derradeiros anos (xa teño 50) aturando como poda o descenso.
Como colouse moito feixista nesto do decrecemento (surv, prepers e tal), supoño que os estades ben conectados con experiencias máis de tipo ecosocialista ou libertarias.
Haberá outro encontro anual sobre o tema?
Moitas grazas
Francisco González Paredes
Llucmajor, Mallorca
Grazas pola túa mensaxe, Francisco. Quitei o teu email do comentario, para protexer a túa privacidade.
Resúltanos moi interesante o que nos contas da infiltración de extrema-dereita neste tipo de movementos, algo previsible pero do que non tiñamos noticias directas. Aquí non o detectamos, polo menos eu non teño constancia.
Sobre o dos encontros anuais pois sería moi boa idea, vouno trasmitir aos compañeiros.
En canto a iniciativas de tipo ecosocialista ou libertario, temos previsto facer un mapa de todas, aínda que non estaba previsto etiquetalas politicamente… pero pode ser boa idea, sempre e cando sexa algo que eles fagan público, claro. Declaramente ecosocialistas tes p.ex. http://cernunnos.es/ fundada por inmigrantes británicos.