Medidas: Hábitat

(Páxina aínda en desenvolvemento.)

Nestas páxinas iremos recopilando as medidas que nas diversas áreas da sociedade e da economía propoñen diversos autores e organizacións, para nos prepararmos fronte ás consecuencias do teito ou cénit do petróleo. Malia térmolas separado para unha máis doada consultar e organización, por áreas, advertimos de que deberían ser parte dunha actuación transversal, xa que o problema atinxirá practicamente a todos os aspectos da nosa vida.

Medidas relativas ao hábitat e a vivenda

Son medidas que na medida que pasan por unha relocalización das actividades sociais e económicas, teñen moito que ver co transporte, coa economía, coa alimentación… todo está interrelacionado e a enerxía presente en todos as ámbitos do noso modo de habitar. Aquí só mencionaremos as directamente relacionadas con cuestións de modelo de hábitat.

Nivel nacional e/ou local (políticas públicas)

– Promover unha nova cultura enerxética que poña énfase no aforro, na eficiencia, e nuns modelos de mobilidade e ordeación do territorio que reduzan o consumo. [Carpintero, 2007, p.157]
– Reducir drasticamente a mobilidade obrigada de persoas e mercadorías, para priorizar despois o ferrocarril e outros sistemas (tranvía, metro…) que poidan moverse con electricidade da rede. [Sempere & Tello, 2007, p-10-11] [Riechmann, 2007, p. 183]
– Promover os percorridos a pé das cidades. [Heinberg, 2006]
– Dar prioridade na planificación do uso do solo e dos sistemas de transporte, así como no seu financiamento, aos peóns e aos ciclistas. [Heinberg, 2006]
– Restruturar as cidades para volver a un modelo de usos mesturados, diversos e densos e a vida en proximidade: residencia, escola, traballo, lecer, comercio e trasporte cara ao exterior a menos de 10′ andando. Redeseñar as cidades para os cidadáns e non para os coches. [Heinberg, 2006] [Holtz, 1997] [New Urbanist SmartCode, 2005] [Register, 2006] Compactación das cidades [Garcia, 2007, p.31]
– Reverter o modelo de transporte urbano e cara ás cidades para volvermos ás fases iniciais do seu despegue industrial. [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Promoción da residencia no centro das cidades: aluguer de casas baleiras, aluguer de cuartos, etc. [Heinberg, 2006] [New Urbanist SmartCode, 2005]
– Reducir o acceso dos veículos privados ao centro das cidades (“cidades libres de coches”). [Register, 2006] [Hopkins, 2008] [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Fomento das ecoaldeas como modelo para a revitalización do rural.
– Incluir na normativa de construción a obriga de illamento térmico. Revisar o Código Técnico de Edificación con criterios de aforro, eficiencia e sustentabilidade. Fomentar a arquitectura bioclimática.
(Pendentes de engadir)

Nivel persoal

– Vivir preto de onde se traballa (ou traballar preto de onde se vive). [Hopkins, 2008] [Odum & Odum, 2001, p.284]
– Renunciar á pretensión dunha vida como urbanitas se residimos no rural: re-localización da vida. [Hopkins, 2008] Descentralización da residencia. [Odum & Odum, 2001, p.284]
– Illar termicamente as nosas vivendas para reducir o consumo enerxético en calefacción.
– Aplicar criterior bioclimáticos e de bioconstrución se contruímos ou rehabilitamos unha casa.
(Pendentes de engadir)

Referencias

– Holtz Kay, Janet (1997). Asphalt Nation.
– Odum, Howard & Odum, Elisabeth (2001). A prosperous way down. Principles and policies.
– Heinberg, Richard (2004). Powerdown. Options and actions for a post-carbon World.
– Heinberg, Richard (2006). The Oil Depletion Protocol. A plan to avert oil wars, terrorism and economic collapse.
– Sempere, Joaquín & Tello, Enrique (2007). Del final del petróleo a la transición energética en El final de la era del petróleo barato.
– Garcia, Ernest (2007). Del pico del petróleo a las visiones de una sociedad post-fosilista en El final de la era del petróleo barato.
– Puig i Boix, Josep (2007). De los combustibles fósiles y nucleares a los sistemas energéticos limpios y eficientes del siglo XXI en El final de la era del petróleo barato.
– Carpintero, Óscar (2007). Biocombustibles y uso energético de la biomasa: un análisis crítico en El final de la era del petróleo barato.
– Hopkins, Rob (2008). The Transition Handbook.
(Pendentes de engadir)
– Anónimo (2008). Código Técnico de Edificación. Outra oportunidade perdida.

Unha reflexión sobre “Medidas: Hábitat