Nestas páxinas iremos recopilando as medidas que nas diversas áreas da sociedade e da economía propoñen diversos autores e organizacións, para nos prepararmos fronte ás consecuencias do teito ou cénit do petróleo. Malia térmolas separado para unha máis doada consultar e organización, por áreas, advertimos de que deberían ser parte dunha actuación transversal, xa que o problema atinxirá practicamente a todos os aspectos da nosa vida.
Medidas relativas ao transporte
En xeral son medidas conducentes ao aforro e redución do consumo de petróleo, combinadas con medidas para trocar o modelo de transporte. Na lista seguinte hai pequenas e grandes medidas, de moi diverso impacto, sen ningunha orde concreta.
Hai que sinalar que as medidas de aumento da eficiencia enerxética sen outras medidas que en paralelo promovan un cambio de modelo e un drástico aforro, non serven de nada e poden ser mesmo contraproducentes debido ao denominado paradoxo de Jevons.
Moitas das medidas públicas deberían ser acompañadas de medidas fiscais para incentivar ou reducir os diversos sistemas de transporte.
Practicamente todas as medidas (hai unanimidade nos autores) pasan por unha relocalización das actividades sociais e económicas.
Nivel nacional e/ou local (políticas públicas)
– Promover unha nova cultura enerxética que poña énfase no aforro, na eficiencia, e nuns modelos de mobilidade e ordeación do territorio que reduzan o consumo. [Carpintero, 2007, p.157]
– Reducir drasticamente a mobilidade obrigada de persoas e mercadorías, para priorizar despois o ferrocarril e outros sistemas (tranvía, metro…) que poidan moverse con electricidade da rede. [Sempere & Tello, 2007, p-10-11] [Riechmann, 2007, p. 183]
– Promover a compartición de veículos privados: con carrís reservados para estes coches nas estradas (coches con 3 ou máis pasaxeiros), exención de peaxes e outras medidas para a súa promoción. [AIE, 2005] [Heinberg, 2006]
– Promover cooperativas de transporte privado (coches propiedade dos seus membros), clubes de aluguer de coche, redes de autoestopistas rexistrados e outros sistemas semellantes. [Heinberg, 2006] [Hopkins, 2008] Facilitar o aluguer de coches para ocasionais viaxes longas. [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Reducir os límites de velocidade das estradas. [AIE, 2005]
– Reducir os prezos ou gratuitade total do transporte público. [AIE, 2005]
– Aumentar os servizos e frecuencias do transporte público, con veículos non movidos por derivados do petróleo. [AIE, 2005] [Heinberg, 2006] Organizar xeráquicamente e combinar con bicicletas, motocicletas, pequenos coches e minibuses para a capilaridade. [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Aumentar os carrís-bus. [AIE, 2005]
– Trasladar o investimento previsto para futuras autoestradas a sistemas de transporte público non dependente do petróleo, preferentemente tren eléctrico e tranvía lixeiro. [Heinberg, 2006]
– Promover o teletraballo. [AIE, 2005]
– Comprimir a semana de traballo: menos días de traballo por semana, concentrando as horas. [AIE, 2005]
– Campaña para adecuar a presión dos neumáticos. [AIE, 2005]
– Facilitar e promover o uso da bicicleta (carrís-bici, etc.). [Heinberg, 2006] [Riechmann, 2007, p. 183] Substituír estradas para coches por vías para bicicletas. [Odum & Odum, 2001, p.284] Prioridade para a bicicleta no redeseño das vías. [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Promover os percorridos a pé das cidades. [Heinberg, 2006]
– Dar prioridade na planificación do uso do solo e dos sistemas de transporte, así como no seu financiamento, aos peóns e aos ciclistas. [Heinberg, 2006]
– Promover o transporte por tren (e barco na costa) para o transporte interurbano. Tren eléctrico preferentemente, para rutas curtas. [Heinberg, 2006] [Hopkins, 2008]
– Promover a intermodalidade do tráfico. [Heinberg, 2006] [Holtz, 1997]
– Incorporar os custos actualmente agachados do transporte (contaminacion, efectos negativos sobre a saúde, esgotamento do petróleo, etc.) ao seu prezo, especialmente do privado. [Heinberg, 2006] [Holtz, 1997]
– Restruturar as cidades para volver a un modelo de usos mesturados, diversos e densos e a vida en proximidade: residencia, escola, traballo, lecer, comercio e trasporte cara ao exterior a menos de 10′ andando. Redeseñar as cidades para os cidadáns e non para os coches. [Heinberg, 2006] [Holtz, 1997] [New Urbanist SmartCode, 2005] [Register, 2006] Compactación das cidades [Garcia, 2007, p.31]
– Reverter o modelo de transporte urbano e cara ás cidades para volvermos ás fases iniciais do seu despegue industrial. [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Promoción da residencia no centro das cidades: aluguer de casas baleiras, aluguer de cuartos, etc. [Heinberg, 2006] [New Urbanist SmartCode, 2005]
– Reducir o acceso dos veículos privados ao centro das cidades (“cidades libres de coches”). [Register, 2006] [Hopkins, 2008] [Odum & Odum, 2001, p.216]
– Cultivo e produción local de agrocombustibles (só se resta terra cultivable despois de adicar a comida, prantas medicinais, materiais para bioconstrución e tecidos). [Hopkins, 2008]
– Promoción da navegación a vela. [Hopkins, 2008]
– Recuperación do transporte de mercancías por río. [Hopkins, 2008]
– Recuperación de traxectos ferroviarios: cercanías e ponlas locais abandonadas. [Hopkins, 2008]
– Facilitar a substitución dos combustibles derivados do petróleo por biocarburantes líquidos ou gaseosos (aceite, biogás, bioetanol celulósico, biodiésel de algas, bicarburación, etc.) modificando os motores dos veículos [Puig i Boix, 2007, p. 109] [Riechmann, 2007, p. 179] pero necesariamente en paralelo a unha redución do número de veículos e do seu uso (marco de autolimitación) [Riechmann, 2007, p. 179 e 183].
– Garantir os dereitos enerxéticos básicos dos cidadáns: coñecer a orixe da enerxía e os seus efectos ecolóxicos e sociais; captala, xerala e vendela localmente; acceder xustamente ás redes [Puig i Boix, 2007, p. 111]
– Promover o emprego do hidróxeno xerado a partir de fontes renovables con preferencia sobre os biocombustibles, a nivel europeo, para o transporte, pero necesariamente dentro dun marco de redución da mobilidade sempre e cando teña un rendemento enerxético superior a 1 na súa produción. [Riechmann, 2007, p. 179]
Nivel persoal
– Reducir a dependencia do veículo privado (coche).
– Renegar do fetiche consumista do coche. Autolimitación. [Riechmann, 2007, p. 179 e 183]
– Se é preciso dispoñer de veículo privado, substituír os combustibles por biocarburantes líquidos ou gaseosos (aceite, biogás, bicarburación, etc.) modificando o motor [Puig i Boix, 2007, p. 109]
– Viaxar menos e facer máis vida social localmente. Usar máis teléfono e Internet para comunicarse a longa distancia. [Odum & Odum, 2001, p.216] A viaxe como excepción e non como norma. [Garcia, 2007, p.31]
– Vivir preto de onde se traballa (ou traballar preto de onde se vive). [Hopkins, 2008] [Odum & Odum, 2001, p.284]
– Renunciar á pretensión dunha vida como urbanitas se residimos no rural: re-localización da vida. [Hopkins, 2008] Descentralización da residencia. [Odum & Odum, 2001, p.284]
– Exercer as responsabilidades enerxéticas básicas como cidadáns: informarnos e esixir que nos informen; eficiencia; xeración da maneira máis eficiente e limpa ao noso alcance; aforro, autolimitación e solidariedade coas xeracións futuras. [Puig i Boix, 2007, p. 112]
– Axeitar o noso estilo de vida aos fluxos de enerxía solar (directa e indirecta). [Puig i Boix, 2007, p. 112]
Referencias
– Holtz Kay, Janet (1997). Asphalt Nation.
– Odum, Howard & Odum, Elisabeth (2001). A prosperous way down. Principles and policies.
– Heinberg, Richard (2004). Powerdown. Options and actions for a post-carbon World.
– AIE (2005). Saving oil in a hurry.
– Heinberg, Richard (2006). The Oil Depletion Protocol. A plan to avert oil wars, terrorism and economic collapse.
– Register, Richard (2006). Comunicación persoal citada en [Heinberg, 2006].
– Sempere, Joaquín & Tello, Enrique (2007). Del final del petróleo a la transición energética en El final de la era del petróleo barato.
– Garcia, Ernest (2007). Del pico del petróleo a las visiones de una sociedad post-fosilista en El final de la era del petróleo barato.
– Puig i Boix, Josep (2007). De los combustibles fósiles y nucleares a los sistemas energéticos limpios y eficientes del siglo XXI en El final de la era del petróleo barato.
– Carpintero, Óscar (2007). Biocombustibles y uso energético de la biomasa: un análisis crítico en El final de la era del petróleo barato.
– Riechmann, Jorge (2007). Chocando contra los límites: veinte tesis sobre biomasa y agrocombustibles en El final de la era del petróleo barato.
– Hopkins, Rob (2008). The Transition Handbook.
Unha reflexión sobre “Medidas: Transporte”