Desde esta páxina queremos proporcionar as ligazóns aos materiais de presentación e audiovisuais máis interesantes que temos producido ou nos que temos colaborado:
- 06/09/2017: Intervención de Xoán Ramón Doldán ante a Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo do Parlamento de Galiza, acerca da Proposición de lei, de iniciativa lexislativa popular, de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a probreza enerxética.
- 04/09/2016: Entrevista en Radio Cerna con Ramom Flores acerca da entrega no Parlamento Galego do informe Límites revisitado:
- 05/2016: Límites revisitados, tradución autorizada ao galego de Limits revisited – A review of the limits to growth debate, informe publicado en abril de 2016 por el UK All Party Parliamentary Group (APPG) on the Limits to Growth, grupo interpartidista do Parlamento Británico. A tradución correu a cargo de José Ramom Flores d’as Seixas.
- 05/2015: Os recursos enerxéticos galegos e o mito da sobreabundancia, texto de Xoán Doldán publicado en Tempos Novos, nº 216, 34-36. O artigo tamén foi publicado como post neste mesmo blog.
- 05/05/2015: Palestra O porvir energético por José Ramom Flores das Seixas, dentro do ciclo O saber cientifico na Galiza organizado pola agrupaçom cultural O Facho, da Coruña. Audio tamén dispoñible. PDF complementario cunha gráfica acerca dos tipos de TRE adaptada por Ramom a partir de Hall C.A.S., Lambert J.G, Balogh S.B. (2014). EROI of different fuels and the implicactions for society. Energy Policy 64, 141-152.
- 30/06/2015: A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza, texto de Xoán Doldán para o libro colectivo Ecoloxía política: olladas desde Galicia, publicado por oBenComún en 2015.
- 28/04/2015: Documental There’s no tomorrow (Non hai mañá) de Dermot O’Connor (2012), dobrado ao galego.
- 04/06/2014: Vídeo da presentación da Guía para o descenso enerxético no Ateneo Ferrolán, con Xoán R. Doldán, Begoña de Bernardo e a presentación a cargo de Bernardo Maiz e Manolo Rei.
- 20/05/2014: Entrevista con Xoán Doldán en RNE (Galiza) co gallo da publicación da Guía para o descenso enerxético.
- 15/05/2014: Gravación da presentación da Guía para o descenso enerxético en Compostela, con Xoán Doldán e Manuel Casal, presentado por USC en Transición. Cortesía de Galiza Contrainfo.
- 14/05/2014: Xoán Doldán entrevistado en Voces de Compostela, de Radio Voz.
- 07/05/2014: Entrevista con Xoán Doldán en Radio Redondela, na sección Outro mundo é posible do programa A Estación.
- 02/05/2014: Entrevista con Xoán Doldán no Diario Cultural da Radio Galega co gallo da publicación da Guía para o descenso enerxético.
- 24/04/2014: Vídeos coa intervención de Xoán Doldán —co título de Crisis financiera, energètica y ambiental: ¿Existen alternativas?— na xornada sobre crise e decrecemento La crisi financera, energètica i ambiental ens duu cap al decreixement forçat? celebrada no Colexio de Arquitectos de Cataluña, e posterior debate co público. Tamén está dispoñible o PDF co texto da súa intervención.
- 01/04/2014 (data de emisión): Vídeo do debate emitido por Galiza Ano Cero acerca da Galiza pospetróleo, con Xoán Doldán, Lidia Senra e Begoña de Bernardo, gravado o 23/02/2014.
- 05/04/2014: Audio (só primeira hora) da presentación da Guía para o descenso enerxético en Tomiño, con Xoán Doldán, Manuel Casal o autoridades do concello de Tomiño.
- 26/09/2012: Entrevista a Xoán Doldán en Radio Cerna, co gallo das propostas políticas publicadas por Véspera de Nada de cara ás eleccións galegas.
- 14/09/2012: Entrevista a Xoán Doldán no programa Arredor de nós de Radio Fusión, co gallo das propostas políticas publicadas por Véspera de Nada de cara ás eleccións galegas.
- 27/02/2012: PDF coa presentación de Xoán Doldán na charla do día 27/02/2012 na CNT de Betanzos: As raíces ecolóxicas da crise: O cénit do petróleo.
- 24/10/2011: Gravación da palestra de Xoán Doldán a persoas do Movemento 15-de-maio en Compostela, sobre a Crise vista desde o Decrecemento: http://www.cenit-del-petroleo.info/arquivos/xoan-doldan-crise-decrecemento-acampadascq-2011-10-24.mp3
- 09/2011: Ferrol-Terra noutro modelo produtor e enerxético, PDF coa presentación de Xoán Doldán no Foro Social de Ferrolterra celebrado en setembro de 2011.
- 06/2011: Decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas do Teito do petróleo, PDF preparado por Manuel Casal Lodeiro para a Escola Popular Galega en Xuño de 2011.
- 05/06/2011: PDF da presentación sobre Decrecemento que fixo Xoán Doldán en Ferrol o 5 de xuño de 2011, para a Escola Popular Galega.
- 02/10/2010: Vídeo (en 4 fragmentos) coa intervención de Manuel Casal Lodeiro no I Foro sobre Ecoloxía Bases para unha sociedade con futuro, dentro do proceso Refundando a Esquerda, de Esquerda Unida (2 de Outubro de 2010). PDF desa mesma poñencia, titulada Implicacións do Teito do petróleo para a sociedade e para esquerda política e social.
- 10/03/2010: Entrevista sobre o Teito do petróleo con Manuel Casal Lodeiro no programa Viraventos, de Radio Fusión: http://67.213.211.110/audio/110310VESPERA.mp3 (10 de Marzo de 2010).
- 09/2009: Algunhas achegas a prol do afortalamento das explotacións leiteiras galegas perante o Teito do Petróleo.
- 06/2009: PDF da presentación sobre o cénit do petróleo nas xornadas sobre Autosuficiencia Enerxética Rural en Santa Comba, tamén en formato ODP (recomendable, pois conserva as animacións) e a gravación en audio: http://vesperadenada.org/wp-content/blogs.dir/4025/files/2009/conferencia.mp3 (Xuño de 2009).
- 08/12/2008: PDF da presentación sobre o cénit do petróleo no Foro Social Galego (Decembro de 2008).
- 08/12/2008: Gravación en vídeo da mesa redonda sobre o cénit no Foro Social Galego (Decembro de 2008), con representantes de Adega, Sindicato Labrego, Permacultura Galiza, Unións Libertarias e Universidade Rural do Eume.
2 reflexións sobre “PDFs, audios e vídeos sobre o Teito do Petróleo”