A asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo nace en 2008 coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto ben achegado de escaseza enerxética.
Busca concienciar á poboación galega acerca do fenómeno do cénit da produción mundial de petróleo e dar a coñecer as opcións que temos como individuos e como país para afrontar esta punto de inflexión na Historia da Humanidade.
O nome provén do refrán galego: Día de moito, véspera de nada, usado tradicionalmente para advertir da temporalidade da abundancia, de que aos tempos de fartura e derroche seguen necesariamente tempos de escaseza, e que nos serve para describir a situación da sociedade industrializada actual, afeita ao despilfarro enerxético e de recursos, abocada a un futuro onde o petróleo, motor desa abundancia, xa non estea accesible.
Se che interesa unirte ou colaborar connosco de calquera maneira, escríbenos a vesperadenada ARROBA redegalega PUNTO org
.
Podes ler máis sobre o que pretendemos, no noso obxeto estatutario.
3 reflexións sobre “Sobre Véspera de Nada”