Tag Archives: teito do petróleo

Véspera de Nada lamenta fondamente a aprobación dunha proposición non de Lei que daría luz verde aos cultivos enerxéticos

O pasado 14 de marzo o Parlamento Galego aprobaba por maioría unha proposición non de lei sobre os cultivos enerxéticos «en relación co uso da biomasa forestal como fonte enerxética e co seu aproveitamento en…

A economía tal e como a coñecemos deixará de ser viable en aproximadamente dez anos

Grazas a Antonio Turiel coñecimos o último informe do Dr. Tim Morgan para a empresa de intermediación financeira Tullett Prebon, que se ten distinguido xa no pasado por falar abertamente do Teito do petróleo e…

Esquerda Unida reclama que o concello de A Coruña revise os seus orzamentos para ter en conta o «peakoil»

Hoxe fíxonos chegar César Santiso, concelleiro de Esquerda Unida – Os Verdes na cidade de A Coruña, un comunicado de prensa no que demandan do actual goberno municipal que teña en conta a situación de…

Un movemento a prol do decrecemento e consciente do «peakoil» arrasa nas eleccións italianas

O MoVimento 5 Stelle (5 estrelas) liderado polo activista e cómico italiano Beppe Grillo vén de arrasar nas eleccións italianas de tal xeito que se convertiu na primeira forza política aínda que non teña maioría:…

AGE vencella co «peak oil» as medidas precisas en Galiza pola mudanza climática

Nunha serie de propostas que vén de presentar o grupo parlamentar de AGE no Parlamento de Galiza estabelécese un vencello entre a mudanza climática e o peakoil no sentido de que o que é preciso…

O «peakoil» chega á música popular «mainstream» co último disco de Muse

As cancións cuxos videoclips insertamos a continuación forman parte do último disco da banda británica de rock Muse, titulado «The 2nd Law» (A Segunda Lei, facendo referencia á segunda lei da Termodinámica). É evidente que…

O que nenhum dos candidatos disse acerca da energia e da economia

Está eleição está estruturada como uma opção entre duas abordagens diferentes para retornar ao crescimento económico robusto. Mas e se a ambos os lados está a faltar um factor crítico subjacente às nossas perturbações económica?…

Alternativa Galega de Esquerda decide defender as propostas de Véspera de Nada no parlamento

Hoxe comunicounos César Santiso, responsable de Esquerda Unida na Coruña (onde é tamén concelleiro) que a comisión programática de Alternativa Galega de Esquerda viña de aprobar a incorporación do documento publicado pola nosa asociación sobre…

A herdanza enerxética de Núñez Feijoo (artigo de Xoán Doldán para Tempos Novos)

(Artigo de Xoán R. Doldán García publicado no número de outubro de 2012 da revista Tempos Novos dedicado case monograficamente a avaliar os anos de goberno de Feixoo á fronte da Xunta de Galiza.) Sería…

Xoán Bascuas (Compromiso x Galicia): «Afrontarmos o peakoil é un tema fundamental agora e no futuro»

Tras ter recibido e analizado o documento de propostas sobre o Teito do petróleo publicado pola nosa asociación, Xoán Bascuas, cabeza de lista para o parlamento de Galiza por CxG comunicouse connosco por medio de…

Pero qué granxas están a piques de pechar?

Periodicamente escoitamos que hai granxas galegas que están a piques de pechar. Neste intre, este ruxe-ruxe é máis intenso e ameaza con ser definitivamente certo como no conto infantil de Pedro e o lobo.

O Partido da Terra asume, con enmendas, o noso documento de propostas de acción política fronte ao ‘Peak oil’

O Partido da Terra vén de publicar no seu web a versión modificada do noso documento de propostas políticas para Galiza lle facer fronte ao Teito do petróleo, asumíndoo como o seu Documento Político nº…

Programa de goberno para Galiza afrontar o Teito do petróleo: propostas de Véspera de Nada

O adianto electoral en Galiza fixo que na nosa asociación acelerásemos o proceso de recompilación e elaboración de medidas para configurarmos un programa de goberno a nivel galego para encarar desde riba o proceso de…

O futuro é rural

(Artigo de Xoán R. Doldán publicado no nº1 da revista O Peteiro, do Partido da Terra.) Máis da metade da poboación mundial vive en núcleos urbanos, un 20 por cento do total en cidades que…

Hoxe en Compostela Xoán Doldán falará de «O rural galego en tempos de colapso enerxético»

Dentro das xornadas de economía agraria organizadas pola Liga Estudantil Galega, Xoán Doldán dará unha conferencia sobre O rural galego en tempos de colapso enerxético. Será hoxe 29 de febreiro ás 16 h no salón…

Ex-director de estudos da OPEP escribe sobre o «Peak oil» para un xornal do Golfo Pérsico

Saadallah Al Fathi, antigo director do departamento de estudos da OPEP en Viena, escribeu o pasado día 6 de febreiro un artigo para Gulf News, importante xornal en lingua inglesa editado en Dubai. O artigo…

Xoán Doldán falou sobre o Teito do petróleo en Betanzos, da man da CNT

Aínda que non puidemos avisar neste blog a tempo, velaquí tedes para compensar o arquivo PDF da presentación de Doldán (que levou por título As raíces ecolóxicas da crise: O cénit do petróleo) diante dun…

O pico do petróleo en varios medios de comunicación grazas a Europa Press

Sorprendeunos que unha das principais axencias de noticias mencionase —aínda que un tanto agachado dentro dunha nova que tocaba diversos temas e na boca non dun responsable político senón dun líder ecoloxista— nos medios de…

Ex-primeiro ministro francés Michel Rocard: «A oferta de petróleo diminuirá rapidamente e vai ser terríbel»

Michel Rocard: «Estamos a pasar o teito do petróleo». Así titulaba o blog de Le Monde especializado na cuestión do petróleo un post publicado a pasada semana. Neste blog dábase conta das declaracións de quen…

Membros de Véspera de Nada contestan ao Ateneu Proletário Galego a conta do Decrecemento

A raíz dun debate que tivemos con membros do Ateneu Proletário Galego no mes de xuño en Boiro, organizado pola Escola Popular Galega, Casdeiro ampliou a súa achega a aquel debate cunha réplica á postura…

A Xunta compromete o gasto público futuro en Galiza investindo en novas autovías que ninguén utilizará debido ao Peak Oil

O seguinte artigo foi publicado o pasado mes polo xornal Novas da Galiza. Advirte dos novos investimentos que a Xunta de Galicia está a realizar en autovías, nun momento en que o uso do vehículo…

Cal é a auténtica «alternativa» ao petróleo no transporte?

(Un artigo de Xoán Doldán.) Cal é o problema? Seguimos sen aprender. O problema dos combustíbeis derivados do petróleo para automoción vén determinado fundamentalmente por tres causas, das que apenas somos conscientes parcialmente e, en…

O Movemento 15M e o Cénit do petróleo

(Un artigo de Begoña de Bernardo) Que esta crise é máis profunda do que parecía e que se está alongando máis do que podía preverse é xa evidente. A medida que as cousas foron empeorando…

Decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas do Teito do petróleo

Hoxe publicamos a versión en PDF dun texto introdutorio á cuestión do Teito do petróleo, no que explicamos a súa relación co concepto do Decrecemento e que apunta as profundas implicacións que ten a nivel…

O Teito do petróleo explicado para parvos, por Manuel Amigo

Un dummie pregúntalle ao noso compañeiro Manuel Amigo acerca do Cénit do petróleo: Dummie: E logo esto do teito de petróleo, que ven sendo? Manuel Amigo: Pois pouca cousa: o teito do petróleo ven sendo…

O inevitable colapso do sistema financeiro (e o que nos fan pagar namentres)

Recentemente houbo dous artigos que comentamos na nosa asociación e que apuntan no mesmo sentido: o inevitable colapso do actual sistema monetario e financeiro mundial, a non moi longo prazo. Un deles foi publicado no…

Os Estados Unidos e o control do petróleo venezolano

Segundo publica o xornalista Nil Nikandrov no Strategic Culture Foundation (Rusia) e recolle a Red Voltaire, os Estados Unidos estaría facendo plans para apoderarse dos recursos petrolíferos de Venezuela. Aínda que as estimacións sobre as…

A Directora europea de Transportes advirte de que a UE está a cometer un «erro fatal» ao non reducir a súa dependencia do petróleo

(Traducido de urxencia por Xoán R. Doldán, do orixinal en francés publicado no blog de Le Monde, Oil Man – Croniques du début de la fin du pétrole) “Erro fatal” da Unión Europea. A directora…