Charla sobre bolsas ecolóxicas en Arzúa (13 de decembro)

Dentro do programa de charlas que celebra a Confitaría La Esquina de Arzúa (Praza de España, 7) baixo o título xenérico de Este inverno imos falar, o día 13 de decembro Concha da empresa Casa Alongos de Melide, falará ás 18 h das bolsas biodegradables que fabrican eles a base de fécula de pataca.

Sabíades que con 3 patacas se fai unha bolsa? E que dentro de 2 anos calquera comercio terá que cobrar polas bolsas de plástico? Nesta charla han falar do bioplástico e da diferenza entre biodegradable e degradable a secas. É unha charla especialmente dirixida a comerciantes.