Mañá venres Antonio Palma (coordinador do Grupo Nodo Noroeste da Rede de Permacultura Ibérica) dará unha charla-introdución ao tema do cénit do petróleo baixo o título “Encarando o cénit do petróleo, decrecemento: vivir mellor con menos” abrindo as II Xornadas da Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.
Será no Fogar dos Maiores, xunto ao Campo da Feira “A Barreira”, en Allariz, ás 16:10.
O resto do programa está dispoñible no web da Reserva da Biosfera de Allariz.
Temos previsto asistir desde Véspera de Nada para establecer contactos cos colectivos e persoas interesadas no tema. Así que se andas por Allariz, alí nos vemos!