Segundo se desprende no informe World Energy Outlook publicado esta semana pola Axencia Internacional da Enerxía, o impacto das previsións de decrecemento na economía mundial apenas supoñen un inapreciable alivio (de 87,6 previstos anterioremente a 87,2 millóns de barriles ao día para o ano 2009) para o desfase previsto entre demanda de petróleo e capacidade de produción. O impacto mundial do cénit do petróleo apenas se retrasará un pouco coa baixada do consumo debida á recesión.
A análise que fan en CrisisEnergetica paga a pena ser lida cos ollos postos nos vindeiros anos e nas palabras de Solbes que insiste hoxe como hai un mes en que sairemos da recesión para o ano que ven, sempre e cando os prezos do petróleo se manteñan en niveis aceptables.

No recente encontro internacional da ASPO en Barcelona falouse do tema e algúns apuntaron que a recesión podería retrasar o comezo da caída ata 2015 ou 2020. Será un retraso do cénit se é que aínda non chegou, ou un estiramento e prolongación da meseta, antes da caída, se aínda estamos nesa fase. Será algo que só o tempo dirá, porque o cénit só será evidente cuantitativamente pasado algún tempo.
Segundo xa explicaban no 2006 Enrique e Fernando Ballenilla, o retraso na chegada ao pico do petróleo (ou o prolongamento da etapa álxida da produción) sería mesmo peor, porque a caída despois sería máis abrupta. É moi doado de entender vendo a gráfica animada que eles mesmos desenvolveron no seu artigo ¿Que es mejor, un zenit de producción petrolífera tipo “pico”o tipo “meseta”?:
Tamén é moi recomendable o artigo publicado en Sostenible.cat titulado La crisi econòmica, ajornarà el pic del petroli, però no l’evitarà. Extraemos algúns anacos:
Gabriel Tobar nos trae a visión de Shell a partir do informe recente da Axencia Internacional da Enerxía: as noticias son que a demanda vai seguir a medrar. E aínda que se mantivese estable, a produción non ía chegar a cubrila. Non hai saída!