Posted in

Foron os prezos do petróleo os que causaron a recesión actual

Hai uns días podíamos ler en The Oil Drum, un dos puntos informativos de referencia de maior nivel que existen na Rede sobre a cuestión do cénit, unha reseña sobre un recente informe do economista Jeff Rubin onde apuntaba que a crise financieira que agora ocupa todos os titulares nos medios e na palestra política, non era a causa senón o síntoma dunha causa estructural: a situación do petróleo. Segundo explica Rubin, 4 das últimas 5 recesións mundiais foron causadas polos altos prezos do petróleo. Agora, estes prezos terían causado que a U.E. e mais Xapón entraran en recesión mesmo antes de que os problemas financieiros se disparasen nos EE.UU. O mecanismo polo que actúan os prezos do petróleo é a trasferencia de milleiros de millóns de dólares das economías máis consumistas ás que teñen taxas de aforro maiores. Eses petro-dólares volven en parte a ser investidos nas bolsas, pero non todos se reciclan na demanda mundial. Esa diferenza estarían na orixe da situación actual, segundo explica Rubin.

Co-fundador de Véspera de Nada. Actualmente secretario da asociación e xestor do web.

One thought on “Foron os prezos do petróleo os que causaron a recesión actual

Comments are closed.