Nota editorial: As opinións expresadas neste blog polos diversos membros da asociación así como polas persoas que comentan os artigos son responsabilidade unicamente dos seus autores e a asociación Véspera de Nada non ten por qué compartilas necesariamente.

É o momento a partir do cal cada ano se producirá menos petróleo. É un
inevitable fenómeno xeolóxico para o que o non estamos preparados, o primeiro choque do imposible crecemento económico perpetuo contra os límites naturais do Planeta, que levará en poucos anos ao
colapso da civilización industrial ou ben a unha
Gran Transformación socioeconómica e cultural de volta a un consumo enerxético sustentable. A nosa asociación quere contribuír a que Galiza escolla o segundo destes camiños.
Máis información sobre o Peak Oil
A obsesión co crecemento xa é preocupante. Van manter a mentira do traxe novo do emperador ate o final. Os límites están aí, queiran non queiran velos ou recoñecelos. E cando batamos brutalmente contra eles, a quen lle pedimos responsabilidade? É hora de rachar con tanta mentira e buscar un cambio radical desde abaixo, desde as nosas propias vidas, expandéndoo a nivel local e despois na nosa pequena nación. Pero non contemos cos políticos: mentres segan atados ao dogma do imposible crecemento perpetuo, non farán senón atrancar as verdadeira solución: o decrecemento controlado.
É moi recomendable traer de novo á memoria o clásico documental de Gabriel Tobar que pode ser visualizado en La falacia del crecimiento sostenible. 52′ de didáctica das matemáticas que poden cambiar a túa visión do mundo.