Como salvar o planeta? Convírtete en obxector do consumo

George Monbiot advirte nun esmagador artigo que publica hoxe The Guardian sobre a gravidade da situación á que nos enfrontamos, da obsolescencia das medidas que propón o novo presidente estadounidense e da urxencia dunha masiva e radical redución do consumo mundial.

Colectivos como AdBusters fan un chamamento a obxectar do consumo. Mentres os nosos gobernos e as empresas nos piden que consumamos máis e máis para salvar a crise, a auténtica crise requere de nós que fagamos xusto o contrario: consumir a niveis sustentables simplemente para poder ter un mañá.

Mañá, día 29 de Novembro, obxecta do consumo suicida e non merques nada.