Como non aprendamos axiña dos nosos vellos,
non teremos nada útil que ensinarlles aos nosos fillos.
Perdoade a inmodestia da autocita. Cristalizou hoxe esta frase na miña testa, como un pequeno froito doutros moitos que espero virán da lectura do Transition Handbook. From oil dependence to local resilience, de Rob Hopkins. Realmente que saberes temos a xente de entre 20 e 50 anos que lles vaian ser útiles á seguinte xeración cando xa non haxa petróleo dispoñible e a sociedade tal como a coñecemos teña desaparecido, con todos os seus gadgets, industrias e especializacións laborais? Sabemos algo de construción sostible, de agro-horticultura, de facer un pozo, de remendar un calcetín..? O único que sabemos é ir ao supermercado para botar man dun produto e pasar pola caixa 🙁
Unha reflexión sobre “Nada útil que lles ensinarmos aos nosos fillos”