Axudas para a creación de bancos de tempo municipais

Segundo puidemos ler onte no semanario Tierras de Santiago, a Consellaría de Traballo vai destinar 540.000 euros á creación de Bancos de Tempo, entroutras axudas de ámbito municipal no terreo da conciliación da vida laboral e familiar.

A medida pretende fomentar a creación de Bancos de Tempo nos concellos galegos e as solicitudes poderanas facer os propios concellos, ou por medio de áreas metropolitanas, mancomunidades ou consorcios locais, permitíndose tamén programas conxuntos entre concellos veciños aínda que non formen mancomunidade.

As axudas alcanzan o 50% e ata o 75% do gasto da persoa responsable da iniciativa. Poden solicitarse ata o 9 de Febreiro e deberán desenvolverse durante o 2009.

Máis información no web da Consellaría de Traballo.