Parece confirmarse que teremos un cénit en meseta

Segundo ven de publicar a axencia EFE:

La Agencia Internacional de la Energía (AIE) prevé que la demanda de petróleo global caerá un 1,1 por ciento en 2009 respecto a 2008, debido al recorte de los pronósticos económicos del Fondo Monetario Internacional (FMI).

Según la AIE, el consumo de petróleo se reducirá en 570.000 millones de barriles diarios hasta los 84,7 millones, un millón de barriles menos que el año anterior.

De confirmarse los pronósticos, sería el segundo año consecutivo de retroceso, algo inédito desde 1982.

Esta rectificación con respecto ás previsións anteriores do organismo internacional confirma os peores augurios sobre un cénit prolongado de tipo meseta, no que o baixo prezo e a demora no impacto entre oferta e demanda nos situará fronte a un descenso máis brusco e súpeto. As consecuencias previsibles deste tipo de cénit son a falta de investimentos na industria petrolífera e un retardo aínda maior na implementación de medidas preventivas, xa que ao non observarse o previsto supply crunch que ata o de agora pronosticaba mesmo a AIE, as habituais políticas curtopracistas das democracias occidentais seguirán sen afrontar o problema.

Cénit tipo pico ou tipo meseta
(Gráfico animado de Enrique y Fernando Ballenilla)

Como xa apuntabamos hai uns meses, a recesión económica retrasará o impacto do cénit, pero non o evitará: seguramente fará que tardemos máis en prepararnos e que cando chegue sexa máis brusco o impacto. Se cadra podemos verlle a parte positiva: teremos máis tempo para teimarlles aos nosos políticos e para implementar solucións cidadás desde abaixo (decrecemento, obxección ao consumo, cidades en transición, etc.).