Aí atrás podíamos comprobar de primeira man como hai na Coruña xente con gañas de comezar o movemento pola ¿transición? enerxética nesta cidade. E parece falta lle faría á cidade herculina, á vista do que hoxe publica Xornal de Galicia:
A Coruña é unha das cidades de España que máis supera a biocapacidade dispoñible (pegada ecolóxica), o que significa que os seus cidadáns consumen máis recursos e xeran moitos máis residuos dos que o territorio é capaz de asumir, tal e como destaca un informe do Observatorio de la Sostenibilidad. Segundo o documento, a urbe precisaría máis de 80 veces a súa superficie para asumir o seu consumo e os seus desperdicios. Só grandes cidades como Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia ou Sevilla a superan claramente. Pola contra, Lugo, Ourense e Pontevedra son algunhas das localidades con menor pegada ecolóxica, especialmente a cidade do Lérez, unha das máis sostibles.
Velaquí o web do devandito informe.