Conferencias sobre Autosuficiencia enerxética rural en Santa Comba o 6 e 7 de Xuño

Ecoengin e os pioneiros da adaptación de vehículos para circularen con aceite vexetal veñen de organizar un encontro en Santa Comba para daren a coñecer estas adaptacións e intercambiar coñecementos. Estará enmarcado nunhas charlas sobre a autosuficiencia enerxética rural na Feira Multisectorial de Xallas en Sta. Comba (A Coruña). Velaquí trasmitimos o programa que nos fixeron chegar a traveś da Rede Social Sementeira (do que salientamos a nosa charla o domingo día 7 o sábado 6 de xuño de Xuño ás 10 h):

Actualización 25 de Maio: corriximos o programa. Este é o definitivo que nos fai chegar a organización:

XORNADAS SOBRE A AUTOSUFICIENCIA ENERXETICA RURAL E PRIMEIRO ENCONTRO ESPAÑOL DE VEHICULOS MODIFICADOS PARA AVP

FEIRA MULTISECTORIAL DO XALLAS
(As charlas seran no Salon de Actos do Edificio Multiusos do concello de Santa Comba, que esta pegadiño o Recinto Feiral)

Santa Comba, 6 e 7 de Xuño de 2009

Sabado 6:

10:00 h

Presentación das Xornadas e Ponencia sobre o Peak Oil
D Xoán R. Doldán García.

Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo.

11:00 h

Ponencia “O sector primario galego fronte ao Cambio Climático”
D. Miguel Acuña da Federación Galega de Medio Ambiente (FEGAMA)

11:30 h

Charla Biomasa e Biogas en entornos rurales

12:00 h

Caso de real dunha explotación de Biomasa
D.Javier Arosa

12:20 h

O futuro do Biodiesel e o mercado internacional de aceites.O Aceite Vexetal Puro como biocarburante. O Aceite Vexetal en sistemas de autoconsumo: Caso Brasil
D.Josep Fumadó (Ecoengin) e D. Sergio Iglesias (Ecoengin) D. Guillermo S. Cinque (Biocomb).

13:00 h

Mesa redonda

17:00 h

Ponencia sobre o Aceite Vexetal Puro como Biocarburante profesional.
Presentación do kit VOP de Rapstruck e circuito de probas nunha tractora modificada.

18:00 h

Presentación do kit Oleos
Manuel Amigo Ferreiro de Constantino Amigo.

18:15 h

Cursiño de introducción a modificación de vehiculos
Josep Fumadó (Ecoengin). 1ª parte

Domingo 7

10:00 h

Encontro e mostra de vehiculos modificados.

11:00 h

Cursiño de introducción a modificación de vehiculos
Josep Fumadó (Ecoengin). 2ª parte

12:30 h

Experiencias no reciclado de aceites como carburantes.

13:00 h

Cambio de impresións e despedida.

Empresas e entidades participantes:

  • Para los profesionales del transporte hay una alternativa ecológica y económica. El aceite vegetal puro es la respuesta. ECOENGIN desarrolla soluciones para usar aceite vegetal puro en el transporte profesional. Más de 9.000 modificaciones en Alemania. Calcule el ahorro: 8000 Km mensuales, ahorro mensual 640?
  • Trading consulting de aceites vexetais BIOCOMB, os coñecementos, a experiencia en hidrocarburos, biocarburantes e comercio de aceites vexetais, os recursos necesarios para prestar solucions efectivas as empresas que operan no emerxente sector dos biocarburantes, calqueira que sexa a súa ubicación na cadea de producción, distribución ou o seu interese no mercado.
  • O refrán galego, Día de moito, véspera de nada, usado tradicionalmente para advertir da temporalidade da abundancia, de que aos tempos de fartura e derroche seguen necesariamente tempos de escaseza da nome a entidade VESPERA DE NADA que nace coa intención de tender pontes entre todos aqueles colectivos, iniciativas e persoas que buscan un futuro para a nosa terra nun contexto ben achegado de escaseza enerxética. abocada a un futuro onde o petróleo, motor desa abundancia, xa non estea accesible.
  • Máis de 40 anos adicados o mundo da automoción avalan a Constantino Amigo a longo da súa trayectoria pasando por todólos sectores da automoción, taller mecánico, reparación e venta de maquinaria agricola , concesión, compra-venda, etc. e o desenrolo de aplicacions informaticas para o Taller, o contrato de Cliente Abonado (sistema de tarifa plana para reparar e manter o coche) , o desenrolo de un Scanner propio para a diagnosis e reparacion dos sistemas electricos dos coches (en Asociación con Autoxuga Móvil), a modificación de motores para o uso de aceites vegetales puros ou reciclados como combustible son so alguns dos motivos po lo que esta Empresa foi seleccionada po la Asociación de Empresarios de Santa Comba para os premios que a Fecom otorga as empresas mais innovadoras.
  • Federación medioambiental sen ánimo de lucro e independente,FEGAMA agrupa a 30 asociacións medioambientais repartidas polo rural galego, constituída para representar, defender, asesorar e establecer vías de comunicación e colaboración entre as asociacións que a compoñen, e que naceu co compromiso conxunto de axuntar esforzos co fin de aumentar o nivel de información, formación, sensibilización e participación no medio rural, acadar incorporar unha producción limpa nas actividades do medio rural e unha maior capacidade no ámbito autonómico favorecendo a innovación das empresas rurais.
  • A biomasa ten un papel cada vez máis importante no panorama energético. En Galicia o potencial de aproveitamento dos restos forestais das cortas supera 1.000.000 de toneladas anuais. Esta materia ten enerxía dabondo para abastecer de calefacción a máis de 100.000 fogares. BIOMASA FORESTAL naceu coa finalidade de revalorizar os restos forestais para a elaboración de pellets (tipo de combustible granulado a base madeira). Biomasa Forestal ten unha capacidade de produción anual de 25.000 TM de pellets revalorizando máis de 50.000 TM/ano de restos forestais. A combustión de biomasa é a solución natural para a produción de auga quente, calefacción e vapor, 2kg de pellets equivalen aproximadamente a 1 litro de gasóleo. Unha instalación de biomasa permite acadar aforros superiores ó 50% na factura de calefacción.

3 reflexións sobre “Conferencias sobre Autosuficiencia enerxética rural en Santa Comba o 6 e 7 de Xuño