Un banco australiano calcula que chegaremos ao Teito do Petróleo durante este ano

MacquaireComo vén de informar Reuters, o banco australiano de investimentos Macquarie ven de estimar que o teito do subministro mundial de petróleo será acadado durante este ano 2009, nuns 89,6 millóns de barriles, tras a diminución de investimentos no sector producida pola Recesión mundial. Explican que actualmente os novos recursos postos en produción quedan anulados polo declive dos preexistentes. O título do informe que recolle estes datos non pode ser máis claro: The Big Oil Picture: We’re not running out, but that doesn’t mean we’ll have enough (Non nos estamos quedando sen petróleo, pero iso non significa que vaiamos ter abondo).

Prevén que a produción caia ata 87,3 millóns de barriles para o 2015 (cunha demanda prevista de 90,9 millóns) e que a capacidade ociosa actual de 5,2 millóns se terá esfumado para 2012. “Engadir suficiente capacidade de produción a tempo é case imposible”, advirte Iain Reid o xefe de investigación europeu do banco en temas de petróleo e gas.

Porén, rebaixa a alarma ao considerar que os prezos non chegarán a subir moito e que conseguirán que se reduza a demanda por vía dun maior estímulo á eficiencia.

2 reflexións sobre “Un banco australiano calcula que chegaremos ao Teito do Petróleo durante este ano