Queremos recuperar as claves que nos daba Xoán Doldán na presentación que fixo en Xuño en Santa Comba:
Galiza fronte ao cénit. Que facer?
- Buscar o autoabastecemento enerxético
- é dicir, cubrir a demanda enerxética interna con recursos propios (renovábeis)
- e os demais deberán facer o mesmo
- Debemos deixar de pensar como exportadores
- Reducir o consumo enerxético
- Procurar procesos produtivos máis eficientes enerxéticamente
- Procurar satisfaccións menos consumistas
- Camiñar cara outro modelo territorial. Menos centralizado
- E sobre todo, procurar outro modelo de transporte