Enric Durán, cabeza visible do Colectivo Crisi, e figura senlleira do anticapitalismo de base na actualidade, deu unha palestra onte no local da CNT en Compostela dentro da súa actual xira polas cidades galegas. Diante dunha audiencia maioritariamente nova que enchía o local a reverter, fixo unha clara exposición das causas da Crise que vive actualmente o sistema, para pasar despois a expliar as claves da resposta de base que o seu colectivo propugna e practica nomeadamente en Cataluña: decrecemento, autoxestión, re-localización, xeitos de vida fóra do sistema capitalista, retorno ao campo, horticultura urbana, enerxías renovables autoconstruídas, cooperativismo, moedas alternativas, etc. conformando unha cotidianiedade alternativa con forte base comunitaria local que demostra na práctica que é posible vivir sen capitalismo, a partir dunha maior autosuficiencia, practicada colectivamente, que permita saír da roda traballo-consumo-traballo na que nos ten metidos o sistema.
Especialmente salientable foi a súa admiración das boas condicións de Galiza para o retorno ao campo, dando o dato de que o 40% das entidades de poboación deshabitadas que figuran nas estatísticas a nivel de todo o Estado, están ubicadas en Galiza. Segundo el, en Cataluña hai máis demanda que oferta deste tipo de lugares e por iso considerou probable que os cataláns desexosos de crear xeitos de vida alternativos ao capitalismo con base no rural decidan vir ás aldeas galegas abandonadas. Toda unha chamada para o espertar do movemento de retorno ao campo no noso país.
Venres e sábado Enric estará o Centro Social Atreu da Coruña nunha asemblea de persoas e colectivos que queiran organizarse en torno a estas ideas.
2 reflexións sobre “Enric Durán: ‘Si los gallegos no recuperáis vuestras aldeas, vendrá gente a hacerlo desde Cataluña’”