Carlos Taibo falará sobre o decrecemento este xoves en Compostela

Carlos TaiboSegundo nos informa Verdegaia Carlos Taibo, profesor da Universidade Autónoma de Madrid e autor dunha vintena de libros sobre o capitalismo, a mundialización, a xeopolítica, os movementos e a economía, falará sobre “Decrecemento: consumir menos para vivir mellor” o vindeiro xoves, 5 de novembro ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca, nun acto organizado por Verdegaia-Compostela.

Non deixaremos de asistir para desfrutar coa claridade expositiva e a lucidez dun dos máis salientables intelectuais da nosa Diáspora.

Para ir abrindo boca recomendamos a lectura dun recente artigo seu publicado por Altermundo acerca do Decrecemento.

2 reflexións sobre “Carlos Taibo falará sobre o decrecemento este xoves en Compostela