Este sábado 28 de novembro, dentro das xornadas Terra e Cultura Sustentable que se están a celebrar en Teo, na oitava sesión titulada Enerxía renovable e mobilidade sustentable, haberá unha mesa redonda coa participación de:
- Xan Duro, responsábel da Área de Enerxía e Transporte de Verdegaia.
- Xoán Doldán, ex-director do INEGA, profesor titular de Economía Aplicada na USC, e membro da Asociación Véspera de nada, por unha Galiza sen Petróleo.
- Juan Bello, Arquitecto Técnico, especializado en bio-construción e profesor no departamento de Edificación e Obra Civil no CIFP Someso de A Coruña.
- Manuel Amigo, xerente de Talleres Amigo en Santa Comba, e representante de Ecoengin, empresa instaladora de kits de automoción con Aceite Vexetal Bruto.
A xornada completarase con outras actividades que podedes consultar no blog de Terra e Cultura Sustentable.