Debate sobre a postura das persoas de esquerda diante do Teito do Petróleo

Esta semana comezamos outra interesante conversa na lista de correo interna de afiliados a Véspera de Nada que queremos agora trasladar ao blog polo seu interese e para abrirmos o debate ao conxunto dos internautas, como xa fixemos aí atrás co debate sobre Ecoaldeas vs. Comunidades distribuídas.

Tomo comezou a raíz dun comentario meu (Casdeiro) tras unha conversa cunha persoa allea á nosa asociación e pertencente aó BNG:

Cando lle saco o tema do teito do petróleo e a que nos vai vir, responde sistematicamente que “algo inventarán (ou xa o teñen inventado e está agachado)” pero con ese matiz propio dunha ideoloxía de esquerdas tradicional, de que ese algo que han inventar será “para non perderen beneficios” e seguir mantendo o sistema capitalista. Púñame de exemplo a mala situación na que quedaron moitos países despois da II Guerra Mundial e cómo o sistema se deu levando de novo. Eu tentáballe explicar que o radicalmente diferente, non só con respecto a entón senón con respecto a calquera outro intre da nosa Historia, é que agora imos ter cada vez menos enerxía dispoñible, e ata o de agora fora ao contrario: da biomasa ao carbón, do carbón ao petróleo.. sempre a enerxía dispoñible para o Sistema, o Capitalismo ou como o queiramos chamar, era sempre máis.

Esta resposta que impide ver a inevitabilidade dun descenso enerxético traumático, baseada ao meu entender nunha sobrestimación do poder do Inimigo (case poderiamos dicir que constitúe de seu outro mito da nosa sociedade) xa a teño atopado noutros ámbitos anticapitalistas. É moi difícil facerlles ver ás persoas que teñen ese modelo mental do mundo que o Capitalismo, por moi poderoso que sexa, non ten poderes máxicos capaces de saltar as leis físicas. Con eles como con outros parece non quedar máis remedio que esperar ao duro confrontamento coa realidade dos feitos.

A iso respondía o compañeiro Xabi:

A min non me sorprende a súa postura. Cando falo deste tema con amigos, familiares ou coñecidos hai varias respostas patrón e isa é a primeira. Detecto eso si en xente máis intelixente e reflexiva que tras esta resposta patrón comezan a poñer cara de pánico ata que se tranquilizan e volven á resposta patrón engadindo a coletilla que son cousas de Xabi que é un pouco esaxerado e mesmo paranoico. Lonxe de molestarme, prodúceme moita tenrura…

A isto eu engadín a miña constatación de varios autores dos que están a tratar o tema do Teito do Petróleo ou outros asociados aos Límites do Crecemento, así como as perspectivas que encara a nosa sociedade a causa deles, teñen analizado estas respostas desde un punto de vista psicosocial (Peak Oil Stress Syndrome, disonancia cognitiva, analoxías coas fases postraumáticas, etc.). E quedoume pendente a pescuda e recopilación destas análises.

Tras isto, Xoán Doldán pasmounos cun sustancioso repaso de urxencia ao tema, que elevou o nivel do debate moitos chanzos:

Seguramente todos/as teñamos sufrido este tipo de situacións e esa sensación que describe Xabier. E isto irá en aumento a medida que nos acheguemos ao problema e as evidencias sexan maiores. O noso ton soará cada vez máis catastrofista ou alarmista e da outra banda as respostas serán a de atrincheiramento. Así que non me resisto a facer un comentario. Como me é propio vou alongarme (síntoo) pero viñéronme á mente cousas que tiña lido e que me parecía podían vir ao conto.

Eu non sei se o mecanismo de (auto)defensa de que contesta dese modo responde tanto a mecanismos psicolóxicos como psicosociolóxicos. Como de ningunha das cousas son experto a miña e unha reflexión necesariamente non meditada dabondo. Mais como o meu ámbito é o das ciencias sociais e a miña disciplina é de corte estruturalista acabo por pensar no todo e os seus elementos e o modo en que se relacionan. Así que o contexto social considero que é determinante pero a relación dos individuos entre si, a posición que ocupan no corpo social, o seu papel como consumidores, ou produtores etc, a ideoloxía dominante, os mecanismos de percepción, información ou manipulación, a conciencia social, as institucións etc, provocan actitudes individuais determinadas, á vez que estas condicionan comportamentos sociais. Por tanto, movémonos nunha maraña de relacións na que somos actores e espectadores, suxeitos pasivos e activos a un tempo.

Tentarei explicarme (e seguramente non o conseguirei):

“Cando lle saco o tema do teito do petróleo e a que nos vai vir, responde sistematicamente que “algo inventarán (ou xa o teñen inventado e está agachado)” pero con ese matiz propio dunha ideoloxía de esquerdas tradicional, de que ese algo que han inventar será “para non perderen beneficios” e seguir mantendo o sistema capitalista.”

Isto creo que está moi ben retratado nun libro de hai uns anos (publicado en español en 1990) Entropía. Hacia el mundo invernadero de Jeremy Rifkin, cando describía a visión tecnolóxica que predomina no mundo (pp.103-104):

“Si eliminamos toda la mística que envuelve a la tecnología, lo que nos queda, lisa y llanamente, es un transformador (…) de la energía acumulada en la naturaleza. (…) Resulta irónico que, a medida que la tecnología ha ido haciéndose más compleja y extendido su dominio sobre el mundo, hayamos llegado a verla como algo independiente de la naturaleza, como si generase su propia energía de la nada (…). Lo cierto es que la tecnología nunca crea energía; sólo consume energía disponible. Cuanto mayor y más compleja sea la tecnología, más energía consume. Por impresionante que a veces pueda parecer nuestra tecnología, también ella opera bajo el dictado supremo de la primera y la segunda ley [de la termodinámica], como todo lo que existe.(…) Aunque todo esto resulta bastante evidente, aún seguimos viviendo bajo la ilusión de que la tecnología nos está liberando de nuestra dependencia del medio ambiente cuando nada podría hallarse más lejos de la verdad (…). La tecnología nos hace más dependientes de la naturaleza, aunque físicamente nos aleje cada vez más de ella. (…) También alimentamos la creencia de que la tecnología está creando un mayor orden en el mundo cuando, una vez más, esto es sólo una parte de la historia (…). Cuando más deprisa perfeccionamos nuestra tecnología, más aceleramos el proceso de transformación, más deprisa se disipa la energía y más aumentan la contaminación y los desechos.

En resumen, estamos viviendo en una especie de mundo de pesadilla al estilo de Orwell. Nos hemos convencido a nosotros mismos de que la forma en que hacemos las cosas está creando un mundo completamente distinto al que en realidad creamos (…), hemos llegado a creer que el desorden es orden, que los desechos son valor y que el trabajo no es trabajo.

A medida que nuestro mundo se desliza más velozmente hacia el caos, nos mostramos cada vez menos dispuestos a identificar el origen del problema. Lo que hacemos, en cambio, es envolvernos más estrechamente en nuestro atuendo tecnologíco y defenderlo contra toda crítica, incapaces de reconocer lo que está haciéndole al medio ambiente en que vivimos y más incapaces todavía de reconocer lo que nos está haciendo a nosostros mismos. Seguimos aferrándonos a la ilusión de que estamos bien abrigados y protegidos, aun cuando cada vez nos hallamos más desnudos y amenazados por los fragmentos desordenados de un mundo de nuestra propia creación”

Tamén insiste noutra parte do libro (pp.277 e ss) sobre as actitudes fronte a unha crise entrópica e, en particular, considera tres clases de resposta por parte de aqueles que non logran decidirse a deixar atrás a prevalecente visión do mundo, e que serían: os optimistas, os pragmáticos e os hedonistas. Nos tres a negación das implicacións da lei da entropía suporán aprender unha lección esmagadora e definitiva, como a de aquel home que se negaba a crer na lei da gravidade,

“este home sube al último piso de un gran rascacielos y salta al vacío. A la gravedad, por supuesto, no le importa en lo más mínimo que el hombre crea en ella o no, y procede a dar una lección al escéptico atrayéndolo inexorablemente hacia el suelo. Pero el hombre, dispuesto a aferrarse a cualquier paja con tal de defender su supervivencia física e intelectual, pasa a toda velocidad ante la ventana del cuadragésimo piso gritando. “Hasta aquí, todo va bien””.

Das tres posíbeis respostas citadas anteriormente resumirei só a dos optimistas, xa que é a que ven máis ao conto. Eles basean as súas esperanzas

“en la suposición, de que en alguna parte, destrás de la siguiente colina o en el laboratorio de al lado, se encontrará una solución tecnológica que nos permite seguir como hasta ahora (…). Los optimistas tecnológicos rechazan la idea de regresar a un flujo de baja entropía que esté más en consonancia con los procesos y ritmos naturales de los ecosistemas del planeta”

Un aspecto que creo é interesante neste tipo de respostas é a interiorización do discurso dominante, de aqueles que exercen o poder (neste caso, mesmo por persoas de ideoloxía de esquerdas). Maurice Godelier (nun libro tamén publicado en español en 1990), Lo ideal y lo material. Segundo este autor, os sistemas de representacións son indispensábeis na produción e uso dos medios materiais, acompañándose de actos simbólicos. Esta parte simbólica constituiría unha realidade social tan real como as accións materiais sobre a natureza (aínda que a súa finalidade, razón de ser e organización interna teñen orixe na interpretación da orde social e cósmica). Tamén afirma Godelier que hai dous elementos indisolubelmente combinados en todo poder dominante e que o reforzan: a violencia e o consentimento. Acha que a forza maior dos dous elementos está no consentimento dos dominados. Na imposición do poder a unha parte da sociedade e o seu mantemento contan máis a adhesión, e a convición do pensamento que leva consigo a adhesión da vontade e a cooperación dos dominados, que a represión, a violencia física ou psicolóxica ou a aceptación (sen que estas deixen de ser importantes, xa que unhas non exclúen as outras). Para que os dominados consintan espontaneamente a súa dominación é necesario que a entendan como un servizo emprestado polos dominantes, polo que o poder lexitímase ante os dominados.. Debe haber, pois, unhas representacións compartidas que unan o consentimento co recoñecemento dos beneficios, da lexitimidade e da necesidade dese poder. Desta forma para que as relacións de dominación e de explotación se formen e se reproduzan de xeito duradeiro, deben presentarse como intercambio e un intercambio de servizos.

No caso que nos ocupa os que consideran que os poderosos resolverán a cuestión porque lles convén, admiten que hai un intercambio e que na procura de beneficios dos donos do capital monopolista xurde un beneficio social e que, nese reparto, nós obteremos unha parte. No fondo é consentimento do dominado que antes de enfrontarse a un cambio do que non coñece as consecuencias prefire crer que a situación actual lle é beneficiosa porque hai alguén (os dominantes) que velan, mesmo polo seu propio egoísmo, polo ben de todos (“para non perderen beneficios e seguir mantendo o sistema capitalista”). Négase a propia realidade circundante, a de millóns de persoas excluídas de tal beneficio social, os/as condenados/as da terra pola acción deses mesmos monopolios. Négase a propia lóxica de funcionamento do sistema capitalista e a prevaleza das visión a curto prazo das empresas, onde o beneficio de hoxe se anticipa a calquera consecuencia a longo prazo (suponse imprevisíbel e polo tanto, crese que mudábel), de maneira que se nega a existencia de límites ecolóxicos e físicos. Asúmese o sistema capitalismo como sistema finalista, o fin da historia que remata no capitalismo como meta predeterminada ao longo da historia, e, deste modo, non substituíbel por outro. Non se decatan de que, en certa medida, as civilizacións teñen entrado en colapso por un determinado uso de materiais e enerxía, que a crise enerxética arrastrada durante o século XVIII desemboca noutro sistema enerxético (baseado no carbón e non en recursos renovábeis locais, en particular a leña) e posibilita o capitalismo industrial, como o petróleo posibilitará o capitalismo monopolista. Ou négase que o cambio enerxético supón un cambio nas pautas de producir, consumir, organizarse socialmente…Ou que as crises dos sistemas enerxéticos son cada vez máis frecuentes. E isto pode corroborarse con datos.

“Púñame de exemplo a mala situación na que quedaron moitos países despois da II Guerra Mundial e cómo o sistema se deu levando de novo.”

Por outra parte a IIª Guerra Mundial foi, como hoxe resulta máis que evidente, un conflito entre potencias capitalistas, no que se definiu unha nova correlación de forzas. Os EE.UU, non saíron precisamente malparados, nin a súa economía destruída e, daquela, era o gran produtor de petróleo. Tamén serviu para definir un novo mapa xeostratéxico co Oriente Medio como eixo importante (algo que xa viña facéndose tras a Iª Guerra Mundial e o fin do Imperio Otomano e o posicionamento de Gran Bretaña –daquela principal potencia- e Francia nese escenario).

E agora non se trata diso, aínda que, como xa está a acontecer, hai importantes posicionamentos xeostratéxicos en todo o mundo para controlar todo tipo de recursos: biolóxicos, minerais, auga, petróleo… Quizais o capitalismo aínda perdure algún tempo pero exacerbando o control a todos os niveis e onde primará aínda máis unha perspectiva curtopracista.

Como xa aconteceu noutros momentos da historia (o fin do Imperio Romano), aínda ao borde do colapso moita xente non era (ou non quería ser) consciente do que estaba a suceder e posiblemente só se decatou (ou admitiuno) cando xa este desaparecera.

Outro autor C.Lévy-Leboyer (nun libro publicado en español en 1985) Psicología y medio ambiente, fai referencia á percepción de risco ambiental. Fala da tendencia a que de forma espontánea os afectados dunha catástrofe se instalen no mesmo lugar (como sucederá en Haití e xa sucedeu noutros lugares). Segundo algúns estudos aos que menciona, isto débese a tres razóns: as vantaxes obxectivas desas rexións, a pasividade natural dos individuos que non superan as dificultades materiais da instalación noutra zona e a subestimación dos riscos. Neste último caso non se cre que se volva a dar a catástrofe (aínda que admitan que xa aconteceu más veces no pasado), ou ben reducen a importancia do risco sinalando a rareza e confiando en forzas protectoras cuxo modo de acción é impreciso (os capitalistas?). En definitiva, interpretan a realidade e fórxanse un sentimento de seguridade que non descansa nunha análise obxectiva da realidade.

E engado. Dado que o uso de enerxía na actualidade pode ser (e é) considerado como unha adición, poderíamos dicir que tamén hai mecanismos psicolóxicos de negación semellantes aos dunha persoa con problemas de adicción. Despois dunha crise o adicto (consumidor enerxético) insiste en volver à adicción (usar enerxía), debido á negación do seu problema (ou autoengano) que pretende separar ao adicto (consumidor de enerxía) das consecuencias na súa vida. Esta negación pode supor ademais a minimización do problema, restándolle importancia aos eventos relacionados coas consecuencias da adición (o teito do petróleo). Tamén racionalizando o problema, asignando unha razón lóxica a algo que non a ten ou que é irrazonábel (xa se descubrirá algo para salvar o sistema capitalista, ou supor o descubrimento dunha fonte enerxética que non respecta a termodinámica).

Aí queda iso, para a reflexión e o debate, e para a acción necesaria, coido eu, conxunta coas forzas políticas con vocación de trasformación social.

Iremos arriquecendo o debate cos vosos comentarios e outras achegas dos nosos afiliados.

4 reflexións sobre “Debate sobre a postura das persoas de esquerda diante do Teito do Petróleo