Segundo lemos hoxe no web oficial da ASPO a empresa automobilística Volvo recoñece o Teito do petróleo e fai notables advertencias por medio do seu xefe de product planning Lex Kerssemakers en Perth, Australia: “Se non introducimos alternativas agora, non imos estar preparados dentro de 5 anos cando o prezo do petróleo pode estar proibitivamente caro”.
Volvo está a traballar en coches que fagan un uso máis eficiente dos combustibles e que empreguen motores ou combustibles alternativos.
Actualización 23/04/2010: Engadimos a gráfica na que xa en 2004 Volvo avisaba dun Teito do petróleo para o 2014:
4 reflexións sobre “Volvo: “Todos sabemos que o petróleo se está a acabar””