Nunhas declaracións da conselleira de REPSOL-YPF Paulina Beato que publica hoxe o Faro de Vigo podemos atopar cousas cando menos sorprendentes:
- Gravar as emisións de CO2 como propoñen algúns (taxas verdes) non reduciría o consumo de combustibles: “Este año estamos viendo cómo la demanda de combustible no se reduce a pesar de que el precio ha subido”, afirma
- “Pensar en un agotamiento de los hidrocarburos no es realista”, asegura sen rubor algún.
Seica para ela é realista, en troques, pensar que un recurso finito non se esgota nunca, unha contracción tan evidente que causa vergonza allea escoitala! Para cando unha actitude afastada da fantasía, como a dos seus colegas franceses de Total, sen ir máis lonxe, que por certo tamén defenden un aumento dos impostos aos carburantes?

Aquí tamén aparecen informacións que contradín a esta señora. O mesmo non le os informes da “competencia”:
http://www.guardian.co.uk/commentisfree/2010/apr/23/peak-oil-energy-recession
Os de Shell din que a era do petróleo barato rematou xa. E os de Brtish Petroleum que por riba dos 100$ a xente deixa de gastar (que a demanda ten certa flexibilidade chegado a eses prezos).
Así que a Sra. Beato ou é unha incompetente ou minte por algunha razón (economica, seguramente) ou ten acceso a un fantástico portal teletransportador a unha dimensión chea de petróleo que os seus colegas da Shell e da BP descoñecen.