Hoxe podiamos ler que o ministro británico de Economía xustificaba os recurtes do seu goberno nos seguintes termos:
“Los años de abundancia del sector público están acabados, pero si actuamos de manera decisiva, más rápido podremos superar estos difíciles años”, explicó Laws. “También hemos prometido recortar con cuidado, seremos un Gobierno progresista incluso en momentos duros”, agregó.
A primeira frase é incoherente: se a abundancia rematou… é algo temporal? Por que fala de superar anos difíciles? Cantos serán?
A Era da Abundancia rematou pero non só para o sector público nin só para o Reino Unido. O Teito do petróleo abre unha nova era inédita na historia humana na que a nosa especie vai dispoñer a cada paso de menos enerxía en troques de cada vez máis, como foi sucedendo cos diversos saltos que permitiu dar a invención da Agricultura, o descubrimento de América polos europeos e finalmente a Revolución Industrial baseada nos combustibles fósiles.
A segunda das frases que extraemos é directamente de humor negro: “recurtaremos con coidado”. Semella que Jack The Ripper fai parte do novo goberno das illas! Pero non só: en cada país as élites político-económicas van afiando os seus diversos instrumentos de mutilación social.
2 reflexións sobre “A fin da abundancia e as ‘mutilacións coidadosas’”