Por que un petróleo caro sería “un desastre” para Rusia?

Bandeira da Federación RusaPodiamos ler o outro día as declaracións do presidente ruso acerca dun posible escenario de encarecemento do petróleo:

El presidente ruso, Dmitri Medvédev, dijo hoy que unos precios del petróleo excesivamente altos serían una “catástrofe” para Rusia, ya que le impedirían reducir su dependencia de las exportaciones de hidrocarburos.

(…)

Al presentar el programa de modernización económica e innovación tecnológica en 2009, el líder ruso describió como “humillante” la dependencia de las materias primas por parte de la economía rusa, que calificó de “primitiva” y “vergonzosamente poco competitiva”.

Xoán Doldán nos envía un comentario crítico sobre estas declaracións que alumea cal pode ser o trasfondo real das mesmas:

Imaxinemos que temos unha empresa actuando dentro do sistema capitalista, que temos á nosa disposición un produto de consumo universal, básico, do que se demanda cada vez máis e no que as perspectivas de prezos son dunha considerábel subida. Estaríamos preocupados? Ou estaríamos pensando no grande negocio que temos entre mans?

É o negocio que calquera empresa neste sistema desexaría, o trunfo asegurado. Rusia ten esa “empresa” , ese “produto” e esas perspectivas, entón, porque están preocupados?, por que pensar en que poderíamos estar indo cara unha catástrofe?.

O presidente ruso, Dmitri Medvédev, di que iso impediralle reducir a súa dependencia das exportacións de hidrocarburos. Que problema hai?. O mercado en auxe, a demanda en auxe, os prezos a elevarse, pero que problema hai?. A non ser que teñamos un especial interese por producir outras cousas xa que só traballar co petróleo é aburrido.

E insiste o Medvédev na necesidade de modernizar (sic) a estrutura económica rusa, pero di tamén “de qué nos sirve la modernización, para qué dedicarnos a iso se de todas formas haberá diñeiro para o cumprimento dos programas sociais”, e insiste que é “humillante” vivir tan ben do petróleo porque as materias primas son algo primitivo e vergoñento para a competititivade. É dicir facerse rico co petróleo non é moderno, é ese o problema? É un problema de modas porque o que agora se leva é a tecnoloxía?.

Imaxinemos agora a mesma empresa de antes, tal e como a concibíamos antes, pero engadimos, ese marabilloso produto imos dispoñer cada vez máis en menor cantidade, aínda que iso aumentará os prezos, e ese gran mercado que compraba petróleo está a transformarse, e os grandes compradores ao mellor deixan de poder comprar tanto, pero haberá outros compradores, e ao mellor a empresa pode vender menos porque gasta máis internamente, e xa non sabemos exactamente que vai pasar pero estamos vendendo para o futuro, para un futuro que descoñecemos.

E ao mellor nesas circunstancias, comezamos a pensar que tampouco estaría mal ter outros produtos, por se acaso, que ao mellor non é un problema de moderno e primitivo, senón dun mundo que se acaba e de outro que debe nacer. Pero seguimos atados ao mundo vello e o único que nos ven á cabeza é algo que sempre aparece como a solución a todo: a tecnoloxía.

Será isto o que pensa Medvédev?

2 reflexións sobre “Por que un petróleo caro sería “un desastre” para Rusia?