No contexto dos debates na lista de correo da nosa asociación Xoán Doldán deixounos esta breve pero alumeadora reflexión sobre a necesidade de repensar a Economía, que quixemos compartir cos lectores do noso blog:
Creo que nunca farán tanta falta os economistas como agora. O pior é que as facultades de economía de grande parte do mundo e un feixe de materias das outras habería que tirar con elas. Habería que volver á raíz do que é (debía ter sido) a economía: o goberno ou administración (némein) da casa (do oikos). Pero ese oikos ou casa para os gregos incluía tanto a persoas como bens, era o ámbito doméstico, que na maior parte dos casos significaba unha unidade agrícola que, a un tempo, era unidade económica e social capaz de fornecer do necesario para as persoas que alí habitaban e traballaban. Así que a vida da xente viraba ao redor do oikos, a súa vida material e espiritual, os deberes e as responsabilidades.
E como nos dicía Aristóteles había que diferenciar entre a economia (oikonomiá) e a crematística (do grego khrema, a riqueza, a posesión) é dicir do arte de facerse rico, de obter beneficios e acumular riquezas. Por iso considera que acumular diñeiro vai contra natura e deshumanizan a quen a exerce, polo que debe condenarse. Tanto o comercio (troco de diñeiro por bens) como a usura (prestar diñeiro con intereses) non producen nada e resultan condenábeis. Só a relación directa entre produtor e comprador resultaría lícita.
O malo é que a economía acabou por se converter en crematística, sobre todo desde o século XVIII, e agora aos “economistas” educámolos moito (case todo) na crematística e pouco (case nada) na economía.
2 reflexións sobre “Precisamos máis economistas ca nunca, mais… que clase de economistas?”