O presidente dos EUA recoñece a adición ao petróleo e a súa finitude e chama por unha transición ás enerxías ‘limpas’

Onte pola noite, nun discurso que pode ser histórico, o presidente Barack Obama dirixiuse con solemnidade aos estadounidenses para lles falar do verquido de petróleo no Golfo de México, das medidas que está a tomar para loitar contra el, e na segunda parte do seu discurso, para recoñecer a dependencia dese país do petróleo (importado) e da necesidade e urxencia de trocar o sistema enerxético cara as renovables. Seleccionamos algúns destes parágrafos:

Barack Obama diríxise ao seu país para recoñecer a necesidade de abandonar o petróleo

After all, oil is a finite resource. We consume more than 20 percent of the world’s oil, but have less than 2 percent of the world’s oil reserves. And that’s part of the reason oil companies are drilling a mile beneath the surface of the ocean — because we’re running out of places to drill on land and in shallow water.

For decades, we have known the days of cheap and easily accessible oil were numbered. For decades, we’ve talked and talked about the need to end America’s century-long addiction to fossil fuels. And for decades, we have failed to act with the sense of urgency that this challenge requires. Time and again, the path forward has been blocked — not only by oil industry lobbyists, but also by a lack of political courage and candor.

The consequences of our inaction are now in plain sight. (…)

The transition away from fossil fuels is going to take some time, but over the last year and a half, we’ve already taken unprecedented action to jumpstart the clean energy industry. (…)

As we recover from this recession, the transition to clean energy has the potential to grow our economy and create millions of jobs — but only if we accelerate that transition. (…)

we can’t afford not to change how we produce and use energy — because the long-term costs to our economy, our national security, and our environment are far greater. (…) So I’m happy to look at other ideas and approaches from either party — as long they seriously tackle our addiction to fossil fuels.

Malia a importancia destas palabras, que non son unha total novidade pois xa George Bush II recoñecera —iso si, con menor solemnidade— a adición ao petróleo dos EUA e durante as crises petroleiras dos anos 70 xa outro presidente, Jimmy Carter, tiña falado en semellantes termos, hai que ser escépticos sobre as súas consecuencias reais. O discurso trasluce unha clara continuidade co crecemento económico, nega a evidencia de que as enerxías renovables non son suficientes para compensar o consumo das fósiles e amosa un tecnoutopismo e unha fe cega na capacidade do país para saír vitorioso de propostas por moi imposibles que sexan fisicamente de levar á práctica. Case roza o recoñecemento expreso do peak-oil, e aínda que asume parte das súas consecuencias, non o fai con rotundidade nin completamente ao non recoñecer os límites ao crecemento. Por suposto que hai que abandonar o petróleo e camiñar cara un mundo que consuma só enerxía de tipo renovable, pero sen cortar drasticamente o consumo isto non é viable.

A única nota que permite un chisco de optimismo no seu discurso está na súa predisposición a escoitar outras propostas, vencellada ao recoñecemento de que os días do petróleo abondoso e barato remataron e a necesidade se facer as sociedades independentes deste recurso enerxético esgotable. Se fose verdade escoitaría a proposta por un decrecemento controlado do consumo enerxético e de recursos. Non ten máis que asumir as consecuencias dos feitos que relata, que non acaba de recoñecer. Se cadra xa as coñece, pero debe pasalas por alto porque non é quen de asumir o que realmente hai que asumir: que non é posible continuar co crecemento económico, e polo tanto co sistema industrial capitalista actual.

8 reflexións sobre “O presidente dos EUA recoñece a adición ao petróleo e a súa finitude e chama por unha transición ás enerxías ‘limpas’