Hai tan só uns segundos que coñeciamos a noticia por medio do Twitter do investigador Lionel Badal, coñecido por destapar as manipulacións da Axencia Internacional da Enerxía en canto á dispoñibilidade futura de petróleo.
Ao parecer o responsable de enerxía da Unión, Günther Oettinger, declarou antonte que na súa opinión “o mundo chegou ao teito da dispoñibilidade de petróleo”: noutras palabras, xa estamos no Teito do petróleo, o Peak Oil.
Estas declaracións prodúcense tan só uns días despois de que a Axencia Internacional da Enerxía publicase o seu informe anual WEO 2010, no que recoñecían que o petróleo convencional xa chegara ao Teito hai 4 anos, algo que tan só agora recoñecen. [ACTUALIZACIÓN 18-11-2010: no 2008 dicían que o teito do petróleo convencional chegaría en 2020; isto fala ben ás claras do que nos podemos fiar das súas previsións e tamén do axiña que se está a producir o declive enerxético.]
As reaccións ao informe non deixan de producirse desde a súa publicación. A continuación salientamos algunhas:
- Xornal El País: La Agencia Internacional de la Energía afirma que la producción de crudo tocó techo en 2006 (aínda que o artigo sitúa esa cuestión nun segundo plano e pon o tema monetario -subvencións- no titular, amosando unha profunda incomprensión do significado para o mundo do concepto do Teito)
- The Oil Drum: IEA World Energy Outlook 2010 Now Out; a Preliminary Look e IEA World Energy Outlook 2010: Questionable Assumptions and Major Omissions.
- Crisis Energética (web da póla española da ASPO): La AIE confirma el cenit del petróleo convencional de 2006.
- National Geographic: Has the World Already Passed “Peak Oil”?
- Transition Voice: It’s official: Peak oil came in 2006
- Kjell Aleklett (de ASPO): Spin slips off oil production numbers – World Energy Outlook 2010 is a cry for help
- Antonio Turiel: La Agencia Internacional de la Energía reconoce la llegada del Peak Oil.
- [Actualización 18:35 GMT] Early Warning: IEA Acknowledges Peak Oil.
- [Actualización 18:37 GMT] Crude Oil Peak: IEA World Energy Outlook 2010: Global crude oil production will never grow again.
- [Actualización 19:00 GMT] Canarias ante la crisis energética: La Agencia internacional de la energía advierte del techo en la extracción de petróleo convencional.
- [Actualización 19:32 GMT] Newstatesman: The age of cheap oil is over
- [Actualización 14-11-2010] The New York Times (blog Green): Is Peak oil behind us?.
- [Actualización 14-11-2010] Bill Chameides: Peak Oil Finally Piquing Analysts?.
- [Actualización 17-11-2010] Tom Whipple: World Energy Outlook 2010 = Reading between the lines of the IEA report.
- [Actualización 17-11-2010] Transition Voice: Plenty of oil if price is no object.
- [Actualización 19-11-2010] Reuters: International Energy Agency Says ‘Peak Oil’ Began in 2006.
- [Actualización 24-11-2010] Chris Martenson: It’s Official: The Economy Is Set To Starve.
- [Actualización 24-11-2010] Tom Whipple: The IEA’s New Peak.
- [Actualización 30-11-2010] Mariano Marzo: Tres Arabias Saudíes en 10 años.
O alcance deste histórico recoñecemento público e oficial aínda é cedo para albiscalas, sobre todo porque se basean nun informe cheo de datos pouco realistas. Parece que o recoñecemento está sendo progresivo e agachando polo de agora as implicacións deste feito á sociedade.
Seguiremos informando e dando a valoración dos membros da nosa asociación e doutras persoas implicadas na divulgación do fenómeno do peak oil.
33 reflexións sobre “A Unión Europea recoñece o Teito do Petróleo?!”