Reproducimos outro anaco dun interesante debate na nosa asociación. Casdeiro encetouno a raíz dunha entrevista que o webzine Transition Voice fixo cun dos máis coñecidos autores do movemento do Peak oil, John Michael Greer. Nun momento da mesma, Greer explica que o devalar da sociedad industrial motivado polo Teito do petróleo vai ser asimétrico e que de feito esa asimetría xa é palpable:
Your question, it seems to me, assumes that the decline will be relatively uniform, so that America (for example) will make a collective transition from abundance industrialism, to scarcity industrialism, to salvage society, and so on. I think that this is a massive oversimplification. There are already people living in the salvage age in America right now; they’ve lost their jobs in the economy of abundance industrialism, and they’re making their living by stripping copper wire out of abandoned houses, for example.
In past examples of the unraveling of a civilization, the process has followed very different rates and trajectories in different regions, social classes, ethnic groups, and so on.
En opinión de Casdeiro:
Efectivamente, a asimetría (a desigualdade noutra verba) social será a protagonista das décadas que temos por diante, se cadra dos séculos…
Isto é algo dun alcance político tremendo que conviría analizar e difundir entre os activistas da esquerda, que non o acaban de pillar. É unha oportunidade, se se sabe preparar estratexicamente, para reorientar a loita de clases.
A isto engadía Xoán Doldán, achegando unha visión máis profunda do momento histórico que vivimos e poñéndoo en perspectiva do que foi o capitalismo e do que está por vir coa súa agonía:
As estratexias na loita de clases nun capitalismo en ascenso non poden ser as mesmas que nunha en declinio. Estamos a dar pasos atrás acelarados nas vantaxes sociais que costou moito sofremento e loitas conseguir. A progresión acelerada do capitalismo consentiu en ceder, tras fortes presións, unha parte do botín ás camadas populares dos países desenvolvidos para que melloraran a súa situación particular sen afondar nunhas diferenzas internas que poderían por en perigo todo o tramado económico. A presión foi transferida ás colonias e mesmo conseguíuse que unha parte das clases baixas se identificaran máis coa burguesía das metrópoles que con quen era explotado nas colonias. Mais agora, ante o perigo dunha desposesión xeralizada da riqueza xerada, non hai problemas para crear un novo abismo entre a grande burguesía (que agora se move a unha escala global) e a clase obreira (a clase media “desclasada” está ficar en ser o que sempre foi e non quería ser, clase obreira, iso si, tecno-intelectual) mediante o espolio do que tiñan gañando no pasado. O medo a que a fenda sexa maior e a crenza de que cando as cousas veñan ao seu, ao que viña sendo, os poderosos volverán a repartir (polas boas?!) parte das súas ganancias, están a paralizar en demasía, a protesta social. Cando isto se agrave as cousas serán aínda máis difíciles de reconducir, ainda que a protesta social será a única vía que vexan moitos para protestar pola súa situación desesperada. E como se loita desde a esquerda, do sindicalismo, pedindo voltar ao camiño do crecemento? defendo os postulados do gran capital para que o estado se sacrifique por un suposto beneficio común?. Os únicos que non está a sacrificar NADA DE NADA son o gran capital. Os axustes son colectivos, afectan a todo tipo de grupos sociais, as restricións orzamentarias son xerais, agás para salvar o gran capital: os bancos, as grandes construtoras, as empresas de automoción, as empresas de enerxía…
Unha reflexión sobre “O declive asimétrico da civilización industrial e a necesaria viraxe estratéxica da esquerda”