O Goberno español segue sen responder sobre o ‘Peak oil’ e Llamazares solicita amparo á presidencia do Congreso do Diputados

Gaspar Llamazares insite de novo en que Zapatero dea explicacións sobre o Cénit do PetróleoDesque fora presentada por Izquierda Unida a finais de Xuño deste ano, o Goberno segue sen responder a unha pregunta oficial acerca do Teito do petróleo, as súas repercusións sobre a economía española e sobre as presións dos EUA sobre a Axencia Internacional da Enerxía para que agache as previsións reais de petróleo a nivel mundial.

Segundo nos informa Antonio Turiel, o deputado da coalición de esquerdas Gaspar Llamazares ven de presentar unha solicitude de amparo no Congreso dos Deputados para obrigar ao goberno a cumprir o seu deber, e responder a pregunta.

Agardemos que isto serva para que o goberno dea por fin resposta, e agora ademais tendo en conta que a propia AIE recoñeceu que o Teito do petróleo (convencional) xa se ten producido. Recoñecerá o goberno a situación con todas as súas consecuencias? Dirá que son fiables as fantásticas previsións de petróleo que inclúe a AIE no seu último informe? Recoñecerá estar ao tanto do asunto das presións estadounidenses? …Será moi interesante ver que responden… se é que finalmente o fan.