A AIE advirte dunha nova recaída na crise financeira debido ao prezo do petróleo

O panorama do 2008 ameaza con repetirse. A AIE lanza de novo unha alerta aos países da OCDE: os prezos do petróleo van rumo a provocar outra crise financeira.

Fatih BirolSegundo publica hoxe The Guardian e foi trasmitido pola propia axencia vía Twitter, os prezos por riba dos actuais 95$/barril poden facer descarrilar a tímida recuperación económica.

Traducimos a continuación algúns fragmentos da noticia con declaracións de Fatih Birol, economista xefe da AIE:

Segundo os cálculos da AIE o custo da importación de petróleo dos 34 países que forman a OCDE pasou dos 200.000 millóns de dólares no 2009 aos 790.000 a finais de 2010.

“Os prezos do petróleo están a entrar nunha zona perigosa para a economía mundial”, declarou Birol ao Financial Times. “A factura do petróleo se está a converter nunha ameaza para a recuperación económica.” (…)

(…)

Segundo a AIE o consumo de petróleo medrará no 2011 un 1,5%, ata un record de 88,8 millóns de barriles diarios. Birol dixo que os países consumidores teñen que poñer da súa parte e reducir a súa dependencia do petróleo.

A AIE calcula que a factura petroleira da UE medrou nuns 70.000 millóns de dólares durante o 2010, o que equivale aos déficits xuntos de Grecia e Portugal. A AIE tamén advirte de que a ratio entre a factura das importacións de petróleo con respecto ao PIB dos países —un factor chave do custo do petróleo para unha economía— está chegando aos niveis que se deron durante a crise de 2008. “En 2010 xa soaron as primeiras alarmas e os niveis dos prezos en 2011 poderían disparar unha crise financeira como a que vimos en 2008”.

Estas advertencias contrastan cos declaracións dos responsables do FMI que descartaron hai uns meses que o aumento do prezo do petróleo fose coutar a recuperación económica.

Do que nos advirte Birol é do inminente segundo chanzo na coñecida caída pola escaleira do colapso económico da que moitos estudosos do Teito do petróleo teñen avisado.

Modelo do colapso económico en escaleira debido ao peak-oil

3 reflexións sobre “A AIE advirte dunha nova recaída na crise financeira debido ao prezo do petróleo