Anda a circular por Internet, a base de reenvíos en cadea, un PDF co nome de EL PRECIO DE LA GASOLINA.PDF que vai pasando de e-mail en e-mail cun “Pásalo” que anima á súa difusión, á que moitos benintencionados contribúen sen pararse a analizar o que di o PDF.
O PDF ademais de ser un cúmulo de trapalladas sen base real, anima a un tipo de mobilización que non cadra en absoluto co que debe facer unha sociedade que pretenda liberarse da dependencia do petróleo.
Esta é a opinión do noso compañeiro Xoán Doldán acerca deste documento anónimo:
Saberán como se forman os prezos?, como se forman en mercados oligopólicos!, que Cepsa e Repsol non venden só o que se vende nas gasolineiras de Cepsa e Repsol!, que Cepsa e Repsol non só venden en España? que non so é un problema de que se produza máis senón tamén de que os custes de extracción e refino son maiores e de que se demanda tamén máis?, que a cadea non é liñal Repsol-Repsol ou Cepsa-Cepsa desde que o petróleo se extrae a cando se vende a gasolina na gasolineira!, que aprox. o 60% do prezo da gasolina en España son impostos e que, polo tanto, uns 79 cts de 1,31 euros/litro son impostos, e que dos 52 céntimos restantes aprox. 26 cts corresponden á parte da extracción e os outros 26 cts a refino-transporte-distribución? que se aínda que esta parte se reducira á metade (!!!)(pola presión) o prezo final só se reduciría un 24%, e que se a redución da parte que corresponde a refino-etc se reducise nun 25% o prezo final só se reduciría nun 12%…?
E saben que a mellor forma de que reducir o noso gasto en gasolina é gastar menos gasolina?
E que sería mellor que eses millóns de persoas se mobilizasen para pedir cambios cara un novo modelo de transporte?
Ou de proveernos de alimentos?
Ou procuraran formas comunitarias de satisfacer necesidades básicas?
Ou renunciaran a unha parte do consumo supérfluo?
…