Na nosa asociación comentouse hai uns días o ruxe-ruxe na industria do transporte de que é probable que en breve o gasoil estea preto dos 2 euros/l (agora anda polo 1,24 euros/l).
Está foi unha breve avaliación do noso compañeiro Xoán Doldán sobre que suporía ese prezo:
E as empresas de transporte por estrada? A ese prezo DESAPARECERÁN a non ser que os camioneiros conduzan 23,5 horas/día, coman por sonda o que prepararon na casa e meteron nun termo, e fagan as súas necesidades en cueiros reutilizábeis, e cobren a metade. Ou repercutan o sobrecuste nos prezos do servizo que logo se traslade ao sucesivos prezos de bens e servizos…é dicir HABEMUS (HIPER)INFLACIÓN.
E o gasoil agrícola? Como suba dese xeito veremos tractores parados e necesitaranse moita man de obra para traballar no agro (plantar, sachar, recoller…). Un dato para o recordo: en 2010 (cifras oficiais) había menos de 70 mil persoas ocupadas na agricultura galega (de un total de persoas ocupadas de 1,1 millóns —o 6%—); en 1985 había 475 mil (de pouco máis de 1 millón de persoas ocupadas —o 47%—), pero é que en 1969 eran unhas 600 mil (duns 1,1 millóns de persoas ocupadas —o 0,54%—)…e así sucesivamente. Eis o noso verdadeiro libro de familia, o noso cóntame…cando aínda non se usaba tanto gasoil.


Hoxe aparecen na prensa galega noticias sobre os efectos do encarecemento dos combustibles derivados do petróleo na nosa economía. Isto non é máis que o comezo:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/brutal-subida-combustible-asfixia-brazo-productor-gallego/idEdicion-2011-02-12/idNoticia-639128/
No Reino Unido o brutal impacto nos custos tamén pon en perigo as granxas de porco: http://www.guardian.co.uk/business/2011/feb/13/british-pig-farm-crisis-threatens
Suba do 3% nunha semana: iso é un 350% anual!!!
http://www.abc.es/20110217/economia/abci-gasoleo-gasolina-201102171121.html
Antonio Turiel explicaba non ha moito outro aspecto que termos en conta para comprender a suba dos carburantes: