Masiva desinformación sobre o petróleo: os xornais bótanlles a culpa do prezo ás revoltas árabes

Europa Press e outras axencias parecen estar sementando unha grave desinformación acerca do prezo do petróleo, coa colaboración de diversos xornais que non contrastan minimamente os datos que publican. Hoxe podíamos ler titulares como El barril de Brent se paga a 104 dólares debido a las tensiones en Oriente Medio y en el norte de África (ABC), La tensión en Libia dispara el precio del petróleo (El Periódico de Catalunya) ou Aumento récord del petróleo por el conflicto en Libia (BBC Mundo).

A evolución do petróleo é constante malia as revolucións árabes

Tahrir SquarePara calquera que bote unha ollada á evolución dos prezos do barril Brent (o de referencia na UE) é evidente que a liña ascendente comezou hai 2 anos e que leva un ritmo moi constante desde hai meses, cando non había ningunha revolta en ningún país árabe, e como moito os sucesos que se están a producir están a repercutir en subas moi modestas dentro da mesma liña ascendente que xa arrastraba esta vital materia prima desde xaneiro de 2009. Semella que alguén ten algún interese en buscar excusas políticas a un fenómeno con raíces nada coxunturais e de moita maior gravidade: a suba dos prezos do petróleo é debida a que estamos no Teito do petróleo, ou xa o temos superado e estaríamos na fase terminal descendente da súa extracción mundial. Esta non é unha cuestión meramente política senón que atinxe á mesma base das sociedades industriais, absolutamente dependentes desta fonte enerxética non renovable e non substituíble.

Teito da enerxía neta do petróleo e o seu busco descenso, segundo David MurphyAsí que non busquemos a culpa na situación política de tal ou cal país árabe, porque o ritmo de 80% de medre anual que vimos observando desde hai medio ano, non ten outra explicación que o feito de a demanda mundial estar a superar a oferta. Moitas voces levan advertido de que iso sucedería, de que a era do petróleo barato rematou hai xa tempo e que ía supoñer un lastre para unha suposta recuperación da economía mundial. A culpa é nosa, desta civilización que non sabe deixar o petróleo que a sustenta antes de que este a deixe a ela. Non busquemos cabezas de turco, non enterremos a cabeza coma os avestruces, non vivamos de fantasías e esixamos aos nosos gobernos que asuman publicamente o duro futuro enerxético que nos espera: o petróleo vai seguir a subir de prezo, con ou sen revolucións nos países exportadores. Tal vez están a facernos crer que a situación ten amaño cando estas revolucións locais rematen? Temen que nos deamos conta nos países occidentais que temos un problema igual de grave ou maior que estes países onde a xente se bota á rúa para esixir verdade, pan e liberdade?

ACTUALIZACIÓN [23/02/2011]:

Ilustración de esplasbac.blogspot.com.