Esquerda Unida asume as propostas de Véspera de Nada para preparar A Coruña diante do Teito do petróleo

César Santiso, candidato de EU á alcaldía de A CoruñaAs propostas que elaborou a nosa asociación de cara a cidade da Coruña afrontar as consecuencias da queda do petróleo, foron asumidas na súa práctica integridade pola candidatura de Esquerda Unida nas eleccións municipais, encabezada por César Santiso. A única suxestión que deixaron fóra —segundo explicaron, para ser abordada máis adiante— foi a da creación dunha moeda complementaria municipal. A continuación reproducimos o comunicado de prensa que enviaron onte aos medios de comunicación e as primeiras noticias aparecidas na prensa:

O CONSELLO COMARCAL DE EU CORUÑA ANUNCIA QUE DURANTE OS PRÓXIMOS DÍAS DARÁ CONTA DOUTRAS ACHEGAS DO TECIDO SOCIAL QUE A SÚA ORGANIZACIÓN INCLUIRÁ NO SEU PROGRAMA E, XA QUE LOGO, ASUMIRÁ A SÚA DEFENSA

ESQUERDA UNIDA ASUME AS PROPOSTAS DA ASOCIACIÓN VÉSPERA DE NADA PARA GARANTIR UNHA TRANSICIÓN NON TRAUMÁTICA CARA A NUN FUTURO SEN PETRÓLEO NA CORUÑA

O COORDINADOR COMARCAL DE EU E CANDIDATO Á ALCALDÍA, CÉSAR SANTISO, AFIRMOU QUE “A CRISE ENERXÉTICA QUE ESTAMOS A VIVIR AVALAN AS TEORÍAS DOS CIENTÍFICOS DO PEAK-OIL, NOS ASUMIMOS A RESPONSABILIDADE DE MUDAR O MODELO PRODUTIVO”

O prezo do petróleo está subir exponencialmente nos últimos anos, moitas empresas están a pasar dificultades por non poder asumir os devanditos custes enerxéticos, mesmo a veciñanza sufre na súa economía doméstica o incremento do prezo do cru.

Diante desta situación de crise enerxética compre que os poderes públicos actúen con responsabilidade e apliquen as medidas necesarias para que as empresas sexan competitivas diante deste escenario.

Esquerda Unida asume as propostas da asociación Véspera de Nada para garantir unha transición non traumática cara a nun futuro sen petróleo na Coruña. Na seguridade de que aqueles que se anticipen a dita situación atoparanse cunha vantaxe estratéxica.

O coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso, afirmou que “a crise enerxética que estamos a vivir avalan as teorías dos científicos do peak-oil, nos asumimos a responsabilidade de mudar o modelo produtivo, ao contrario que outros que miran para outro lado e prometen miles de postos de traballo mantendo a obsoleta óptica produtivista e o modelo do ladrillo e o formigón”

A devandita iniciativa de anexar as propostas de outras asociacións ao programa electoral da coalición EU-V, corresponde a forma de entender a política participativa que ten o consello comarcal de EU Coruña, que anuncia que durante os próximos días dará conta doutras achegas do tecido social que a súa organización incluirá no seu programa e, xa que logo, asumirá a súa defensa.

Consello Comarcal da Coruña
Esquerda Unida

Casa do concello. A CoruñaPDF coas propostas asumidas por EU.

8 reflexións sobre “Esquerda Unida asume as propostas de Véspera de Nada para preparar A Coruña diante do Teito do petróleo