O sábado tivo lugar en Ames unha xuntanza da nosa asociación para realizar a asemblea xeral ordinaria. Nela foi elexida a nosa xunta directiva que queda formada por:
- Xoán Ramón Doldán García, no cargo de Presidente.
- Manuel Casal Lodeiro, nos cargos de Secretario e Tesoureiro.
Na asemblea tratamos diversos temas, e planificamos as actuacións da nosa asociación de cara a un novo periodo interasemblear. Entre estas actuacións é salientable a aposta pola elaboración e edición dun Manual para a transición enerxética da man do concello de Teo, que prevemos publicar para final deste ano.

Parabéns pola iniciativa e ánimo para máis proxectos.
Moitas grazas, Diego. Este proxecto ten que ser semente de moitos máis polo país pero que nós só axudaremos moi modestamente a catalizar con este libro e os encontros cos lectores, o foro, etc.