Este sábado en Compostela: experiencias de Decrecemento con Manuel Amigo

Será ás 17 h, no local de Panxea na rúa da Rosa, en Compostela. Dentro dun ciclo de obradoiros e conferencias organizados pola tenda de comercio xusto Panxea baixo o título Reciclarte, o membro de Véspera de Nada Manuel Amigo explicará as súas experiencias co retorno á agricultura natural inspirada en Masanobu Fukuoka, e mais outros aspectos do decrecemento como o emprego de aceite vexetal en diversos vehículos de motor. Non perdades a Manuel, unha persoa cunha capacidade pouco común para explicar de maneira sinxela e amena os problemas aos que nos aboca o Teito do petróleo e como é posible outro xeito de vivir máis local e de menor impacto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.