Hoxe publicamos a versión en PDF dun texto introdutorio á cuestión do Teito do petróleo, no que explicamos a súa relación co concepto do Decrecemento e que apunta as profundas implicacións que ten a nivel político para as nosas sociedades e para os movementos e organizacións de esquerda.
Este texto foi elaborado para a Escola Popular Galega, como material formativo dentro do seu ciclo de palestras sobre o Decrecemento, na que nos convidaron a participar (A Coruña, Ferrol, Boiro…)
Agardamos que o texto serva para resumir a cuestión ás persoas interesadas en comprender a situación á que nos afrontamos e dispostas a actuar a nivel social e político en consecuencia . Recomendamos a súa lectura xunto co PDF que preparou o noso compañeiro Xoán R. Doldán acerca de Decrecemento e Economía e o Teito do petróleo para dummies, de Manuel Amigo.
4 reflexións sobre “Decrecemento obrigado: as profundas consecuencias sociais e políticas do Teito do petróleo”