Manuel Amigo contesta a Jeremy Rifkin sobre a suposta III Revolución Industrial

O noso compañeiro Manuel Amigo, pequeno empresario e activista para a concienciación sobre o Teito do petróleo e as súas repercusións para a sociedade galega, retrúcalle ao gurú Rifkin a conta dunhas recentes declaracións nas que falaba dunha futurible III Revolución Industrial:

Logo de facer un recoñecemento explicito do Cénit, logo de mostrarse ben informado o respecto, logo de recoñecer que todos os dirixentes do mundo coñecen o problema (vaia se o coñecen), sáenos co conto dunha revolución industrial, nin máis nin menos, baseada na internet (que funciona sen enerxía) e mais na tecnoloxía descentralizada, xa que como todo o mundo sabe a fabricación de nova tecnoloxía non consume enerxía e descentralizala (ousexa transportala os diferentes sitios) tampouco consume enerxía… E a guinda ao pastel é transmitirlle ao 15M a responsabilidade de mirar por esta nova revolución industrial e nada millor par isto que converterse en partido político e sumarse á festa da destrución do ser humano e do planeta.

Vamos, a típica mensaxe dun asalariado inmoral do sistema, dun trilero vendemotos, dun apagalumes conduceborregos a soldo dos Estados, doutro mentireiro subvencionado que non di nada de que a I Revolución Industrial foi promovida polo goberno inglés creando a industria para fornecer a súa mariña de guerra, pois a tecnoloxía da máquina de vapor eche do século XVII e antes non se usara mentres os nenos daban feito o traballo escravo nas fábricas. Nin di nada de que a II Revolución Industrial escomenzou con dúas maravillosas guerras mundiais e que foi quen de
levar os límites físicos do noso mundo ao nivel no que están.

Por riba eche un lambecús, adulando o impresentábel de Zapatero e mesmo xustificando a sua nefasta laboura (para o pobo; porque os poderosos están millor ca nunca) culpando a algún ministro do seu gabinete (pode escoller a calquera: son todos igual de malos para o pobo e bos para os ricos).

Por sorte ou por desgraza nin España nin ningún país deste mundo estará na III Revolución Industrial: o que si haberá será unha revolución no senso dunha volta ao campo, á adaptación aos ciclos da natureza, ao rexeitamento dos cartos e da tecnoloxía, o rexeitamento do Estado…

Ou iso ou o colapso, pero revolución industrial dame a min no nariz que non…

RifkinChrist Superstar!

Unha reflexión sobre “Manuel Amigo contesta a Jeremy Rifkin sobre a suposta III Revolución Industrial

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.