Terá lugar o día 14 de decembro ás 20 h no Centro Social Mádia Leva de Lugo, un novo encontro das palestras itinerantes que organiza a Escola Popular Galega. Participarán membros da EPG e mais o noso compañeiro Xoán Doldán, baixo o título «Alternativa revolucionária ou escapismo? O Decrescimento a debate».
A cita é continuación das anteriormente realizadas na Coruña, Compostela e en Boiro (que deu pé posteriormente a un intenso debate na Rede).

Off topic total e absoluto, teño os ordenadores fodidos e non me permiten enviar correos por iso uso a telepatia e con Doldán funciona…jeje
Amáñaos de contado, compañeiro. Que se te acha de menos na lista de correo 😉