Ex-director de estudos da OPEP escribe sobre o «Peak oil» para un xornal do Golfo Pérsico

Saadallah Al Fathi, antigo director do departamento de estudos da OPEP en Viena, escribeu o pasado día 6 de febreiro un artigo para Gulf News, importante xornal en lingua inglesa editado en Dubai. O artigo titúlase “Aumenta o debate sobre cándo chegará o petróleo ao seu teito” e fai un breve repaso das diversas fontes que apuntan a un Teito que xa teríamos deixado atrás xunto con outras máis optimistas, así como ás manipulacións que empresas como Shell ou a propia AIE teñen realizado sobre as cifras de petróleo existente. Al Fathi conclúe: «hai máis evidencias que apuntar no sentido do peak oil que no contrario».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.