Nunha serie de propostas que vén de presentar o grupo parlamentar de AGE no Parlamento de Galiza estabelécese un vencello entre a mudanza climática e o peakoil no sentido de que o que é preciso facer para loitar contra o primeiro problema tamén contribúe a facerlle fronte ao outro. Concordamos con esa visión, xa que teito do petróleo e quecemento global non deixan de ser dúas caras do mesmo problema. O seguinte parágrafo está tirado do documento presentado por AGE esta semana no Parlamento:
Tamén dende a ortodoxia económica a loita contra o cambio climático é positiva, supón unha contención dos custos extraordinariamente elevados que significarían non actuar. Así mesmo, unha actuación decidida nesta liña, prepararíanos mellor diante da nova realidade que o sobordamento do pico do petróleo sen dúbida provocará. A Axencia Internacional da Enerxía confirmou o ano 2006 como o deste sobordamento, momento a partires do que o barril de petróleo irá incrementando o seu prezo progresivamente parello a súa progresiva escasez con consecuencias económicas e sociais de extraordinario calado.
Unha reflexión sobre “AGE vencella co «peak oil» as medidas precisas en Galiza pola mudanza climática”