O MoVimento 5 Stelle (5 estrelas) liderado polo activista e cómico italiano Beppe Grillo vén de arrasar nas eleccións italianas de tal xeito que se convertiu na primeira forza política aínda que non teña maioría: máis do 25% dos votos, lista máis votada e 108 parlamentarios.
Tanto o seu non-líder Grillo como o M5S amósanse antipartidos, contra el circo político-mediático e a prol da democracia directa e da democracia a través de Internet. Entre os aspectos propugnados por eles que nos parecen máis salientables desde a perspectiva de Véspera de Nada están:
- A consciencia acerca do Teito do petróleo e a súa difusión pública.
- A aposta polo Decrecemento.
- A demanda de aforro enerxético.
- A aposta pola Permacultura.
- A aposta por unha sociedade slow (lenta): slow food, slow cities…
Persoalmente resúltame moi interesante e esperanzador que unha forza política de novo cuño xorda con tanta forza nun país tan achegado facendo bandeira destes temas, fundamentais para a mudanza revolucionaria que precisamos. Desde Véspera de Nada seguiremos atentos á súa acción política dentro de fóra do Parlamento italiano.

Copiamos aquí tamén algunhas críticas a Grillo e ao M5S:
http://www.dinamopress.it/news/grillo-for-dummies/page-3?showall
http://www.fakepolitik.net/2013/02/27/general/el-movimento-5-stelle-ha-defendido-el-sistema-wu-ming/
Se tedes máis información deixade un comentario. Grazas.
Máis artigos sobre este movemento: http://senti2comunes.wordpress.com/2013/02/27/que-es-la-antipolitica/
Máis dos Wu Ming: http://www.wumingfoundation.com/giap/?p=12104 (en italiano)
Semella que o Grillo ten algunhas opinións bastante controvertidas, poderiamos dicir que conspiranoicas sobre cuestións como os “chemtrails” e a “quimioterapia”… :-/
Máis opinións sobre o movemento de Beppe Grillo: agora, o seu compatriota Leo Bassi: http://www.eldiario.es/zonacritica/Comedia-finita_6_107849232.html