Celebramos a noticia de que se vaia emitir este documental en Compostela, dentro dun ciclo de Verdegaia e Amarante:
A Asociación Veciñal A Xuntanza, Amarante e Verdegaia convídanvos a unha nova edición do ciclo de cinema Coñecer para Cambiar. Nos vindeiros meses proxectaremos documentais sobre temáticas de candente actualidade: as finanzas éticas, as sociedades “en transición” e os perigos da privatización da auga. Animádevos a vir, ver e debatir! Haberá chocolate quente para acompañar as temperaturas invernais. (…)
As proxeccións serán os terceiros mércores de mes no local da AAVV A Xuntanza, en Compostela.
Descargar o programa do ciclo.
O mércores 20 de marzo o filme proxectado será In Transition 2.0, o segundo documental feito polas Transition Towns despois do coñecido In Transition. Aínda que nos semella estraño que os organizadores da proxección describan este movemento como unha resposta “ao cambio climático” sen facer mención algunha do Teito do petróleo, a outra e orixinal motivación deste movemento, animamos a todos os que poidan a asistir para coñecer unha das principais respostas organizadas a nivel mundial diante deste problema.