O vindeiro domingo 7 de Abril de 2013 a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños convoca unha tractorada mixta (tractores e coches) que sairá do campo da feira de Ponteceso ás 11 h. e rematará fronte á casa do concello de Cabana de Bergantiños en A Carballa. Previamente, deste distintos puntos da comarca sairán columnas para converxer en Ponteceso.
Esta mobilización está convocada para protestar pola posíbel implantación dunha grande mina a ceo aberto en Corcoesto na que se utilizarán enormes cantidades de cianuro para a extracción do ouro (1,7 gramos por cada millón gramos de veta aurífera e que terán que remover case 10 toneladas de rocha para acceder á mesma), as cantidades de cianuro a utilizar son de unhas dimensións inimaxinábeis: 1,49 toneladas diarias durante os 365 días do ano e durante os 8,1 anos de explotación previstos pola empresa canadiana Edgewater. Xunto á utilización do cianuro está a contaminación por arsénico (as vetas están compostas por arsenopiritas), minerais pesados coma o níquel, chumbo, ferro… que provocarán non só danos irreparábeis na flora e fauna senón tamén na saúde humana.
Desde Véspera de Nada apoiamos esta protesta e convidamos a todos a participar fisicamente nela ou difundindo este banner e nas redes sociais de Internet.
2 reflexións sobre “Tractorada este domingo contra a mina de Corcoesto (Bergantiños)”